De izquierda a derecha: Gérard Mourou, Donna Strickland y Arthur Ashkin. (Foto: Reuters, AFP, AP)

De esquerda a dereita: Gérard Mourou, Donna Strickland e Arthur Ashkin / Imaxe: Reuters, AFP, AP/elcomercio.pe

O pasado día 2, deuse a coñecer os galardoados do Nobel de Física 2018. Pero é importante falar dalgunhas consideracións que fan a este Nobel lago particular. Vexamos:

1. A ausencia de mulleres entre os galardoados era particularmente significativa no campo da Física, pois en 117 anos só o gañaban Marie Curie (francesa de orixe polaca, que en 1903 compartiuno co seu home, Pierre Curie, e con Henri Becquerel, e que en 1911 recibiu o de Química ) e  Goeppert-Mayer (estadounidense de orixe alemá, galardonada en 1963 ), cuxo anuncio, por certo, foi recollido con este titular por un xornal local de San Diego: "Nai de San Diego gaña o premio Nobel". Iste ano, Donna Strickland (Guelph, Canadá, 1959) entrou neste selectísimo club, sendo a terceira muller que gañou un Nobel de Física.

2. Outros dos gañadores, o estadounidense Arthur  Ashkin (Nova York, 1922), converteuse na persoa máis anciá que gaña un Nobel, en concreto conta con 96 anos.

3. Os Nobel non só son galardóns, tamén ten a súa dotacioón económica, en concreto, 9 millones de coroas suecas (unos 870 mil euros al cambio actual). Como consecuencia esta cantidade repartirase do seguinte xeito: A metade é compartida por Donna Strickland con Gérard Mourou, e a outra metade é para Arthur Ashkin.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es e hipertextual.com