Ganadores Nobel Química 2018

De esquerda a dereita: George Smith, Frances H. Arnold e Gregory P. Winter / Imaxe:: AFP / EFE /elcomercio.pe

Frances H. Arnold, George Smith e Gregory P. Winter gañaron o Nobel de Química 2018 por tomar "o control da evolución e usar as súas mesmos principios para desenvolver proteínas que resolven moitos problemas da humanidade", segundo a Real Academia de Ciencias, que concede os galardóns.

As investigacións dos tres premiados permitíu que a humanidade realice o equivalente á agricultura ou a gandería no mundo dos  microbios e as moléculas. A evolución dirixida permite  domesticar  microbios para que desenvolvan proteínas que non existen na natureza e que se aplican á creación de novos combustibles e fármacos contra moitas enfermidades, desde a diabetes ao cancro metastásico.

Frances H. Arnold (Pittsburgh, EE UU, 1956) é catedrática de enxeñería química,  bioinxeniería e  bioquímica no Instituto de Tecnoloxía de  California (Caltech), recibe a metade do premio por inventar "a evolución dirixida de encimas".

George Smith (Norwalk, EE UU, 1941) e Gregory P. Winter (Leicester, 1951) reciben a outra metade do premio pola “presentación de péptidos e anticorpos na superficie de bacteriófagos

FONTE: Nuño Domínguez/elpais.es/ciencia