ERROS CIENTÍFICOS QUE SE REPITEN UNHA E OUTRA VEZ NO CINEMA
A Física ten unha serie de batallas perdidas co cinema. Pese que toda película cun orzamento decente adoitan contar nos nosos días con asesores especializados, hai erros relacionados coa ciencia que parecen quedarse na pantalla para non irse xamais. Naves alieníxenas derrapando no espazo, tipos musculados aos que non se lle move nin un pelo co retroceso da súa metralladora, coches submarinos imposibles ou as estrañas propiedades de lava. De todo iso e máis trata un artigo publicado no xornal público.es e realizado por Jaime Noguera, e que reproducirei ao longo de varios días. Maxia do cinema, erros asumibles ou fallos garrafais?
Imos co primeiro: O son propágase polo baleiro
"No espazo ninguén pode oír os teus berros", anunciaba a película Alien en 1979. Pois parece que o único que non se podía oír eran os berros, nada máis. Excepto en honrosas ocasións como 2001 ou en Gravity, no universo da gran pantalla pasan da transmisión natural das vibracións mecánicas e escóitase de todo: explosións, motores de destrutores imperiais, naves derrapando e ata a voz de mestres Jedi falecidos.
Un exempo, o vídeo superior, un corte da película Star Wars. Episodio IV.
FONTE: Xornal Público.es/strambotic
0 comentarios