Las invenciones se registran en la OMPI que se ubica en Ginebra.

Idea-Invento / Imaxe: prensalibre.com

Hai unha extensa lista de inventos españois que marcaron un fito na innovación e o coñecemento en ámbitos como a ciencia, a medicina, a aviación ou resolvendo problemas da vida cotía.

Nesta serie que hoxe comezo, pretendo facer un pequeno repaso doa máis represantativos. Comezamos!

1. A FREGONA

 

Manuel Jalón Corominas (Logroño, 1925 - Zaragoza, 2011) inventouna en 1956. En 1953, na súa calidade de oficial enxeñeiro do Exército do Aire español, é enviado a Estados Unidos para aprender as técnicas de mantemento dos primeiros avións a reacción F-86 Sabre, adquiridos por España ao seu novo aliado, Estados Unidos. Durante o seu traballo na base aérea de Chanute, ao sur de Chicago, puido observar como os operarios limpaban o chan dos hangares utilizando unhas  mopas ou mochos con tiras de algodón os cales  escurrían en caldeiros metálicos grazas a un sistema de  escurrido de rodetes. Ao seu regreso a España, iniciou en 1956 a fabricación das primeiras unidades inspiradas no modelo estadounidense (con caldeiro metálico e rodetes). As primeiras unidades do invento foron bautizados como aparellos  lavasolos ata que  Enrique  Falcón  Morellón decidiu escribir nas notas do primeiro pedido (xullo de 1957) a palabra fregonas.

Así ninguén tería que volver fregar o chan de xeonllos!

Mañá un novo invento!

FONTE: metrópoli/elmundo.es e wikipedia