SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VII
Caroline Herschell / Imaxe: heroinas.net
A solución á proposta do día anterior é Caroline Herschell (Hannover-Alemaña, 1750 - Hannover, 1848). Descubriu oito cometas, dos cales seis levan o seu nome, entre os que destaca o cometa periódico 35 P/Herschel-Rigollet atopado o 21 de decembro de 1788. Entre outras cousas, recibiu unha medalla de ouro da Royal Astronomical Society. A pesar dos seus achados, adoita ser o seu irmán William o máis citado en materia astronómica
E imos coa proposta de hoxe!
7. Quen é considerado o primeiro gran científico da historia?
- Pitágoras
- Aristóteles
- Anaximandro
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es
0 comentarios