Blogia
vgomez

COÑECES ESTA ÁRBORE? XIV

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Tamargueira (Tamarix gallica). Especie da familia das Tamaricáceas. Arbusto ou arboriña caducifolia de 6 a 8 metros de altura, pólas longas e flexíbeis, un chisco pénsiles, que non creban facilmente e coa casca é parda avermellada escura, sendo as pólas máis novas listrosas e lampiñas. As follas son moi miúdas, a xeito de escamas, com forma ovado agudas e com abrazadeiras no baseamento, miden de 1,5 a 4 mm de longo e posúen unha cor verde glauca. As flores son albas ou rosa pálido, agrupadas em espigas grosas e cilíndricas de 3 a 6 cm de longo, que nacen sobre as ramiñas do ano e que aparecen á vez cás follas. Posúen 5 pétalo e 5 estames; brácteas florais triangulares, cápsula ovada. Florece na primavera, entre abril e o verán. O froito é unha cápsula de apertura espontánea com 3 valvas e sementes cun penacho plumaoso.

14. Identifica:

 

- Tileiro

- Olmo

- Sabugueiro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

0 comentarios