SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? VI
Albert Eisntein / Imaxe: semana.com
A solución á proposta do día anterior é Albert Einstein (Ulm-Alemaña, 1879 - Princeton-Estados Unidos, 1955). Recibiu a proposta de converterse no segundo presidente da historia de Israel tras a morte, en 1952, de Jaim Weizmann, pero rexeitou esta proposición dicindo: "Estou profundamente conmovido polo ofrecemento do Estado de Israel e á vez apenado e avergoñado por non poder aceptalo. Durante toda a miña vida tratei con cuestións obxectivas, polo que carezo da aptitude natural e da experiencia para tratar como cómpre coa xente e para desempeñar funcións oficiais. Son o máis aflixido por estas circunstancias, porque a miña relación co pobo xudeu converteuse no meu vínculo humano máis forte, dende que tomei plena conciencia da nosa precaria situación entre as nacións do mundo".
E imos coa proposta de hoxe!
6. Quen foi a primeira muller en descubrir un cometa (descubriu oito)?
- Caroline Herschel
- Nettie Stevens
- Jocelyn Bell Burnell
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es
0 comentarios