Blogia
vgomez

ATOPADO O INSECTO MÁIS LARGO DO MUNDO

ATOPADO O INSECTO MÁIS LARGO DO MUNDO

O insecto pau máis largo d0 mundo / Xinhua

Un insecto pau atopado na rexión autónoma Guangxi, ao sur de China, foi clasificado como o insecto máis longo do mundo. As autoridades chinesas afirmaron o pasado xoves que o exemplar, de 62,4 centímetros, superou o récord de lonxitude de todos os rexistrados ata a data.

Unha investigadora do Museo do Insecto do Oeste de China (IMWC), atopou o insecto pau nunha estrada de montaña durante unha inspección nun campo de Guangxi hai dous anos. Este exemplar é o insecto máis longo dos descubertos ata agora, entre os que se clasificaron máis de 807.625. O récord anterior pertence a outro insecto pau de 56,7 centímetros atopado en Malaisia en 2008, que se atopa actualmente no Museo de Historia Natural de Londres.

A investigadora levaba esperando este momento desde 1998, cando os habitantes desa zona aseguraron ver un "bicho enorme" de medio metro roldando polo campo. "Estaba a coleccionar insectos nunha montaña de 1.200 metros de altitude na cidade de Liuzhou, Guangxi, a noite do 16 de agosto de 2014, cando unha sombra parecida á rama dunha árbore apareceu á distancia", dixo a investigadora. "Cando me acheguei, impactoume ver que as súas patas eran tan longas como o seu corpo".

O insecto, alcumado Phyganistria chinensis Zhao (a última parte do seu nome na honra da investigadora Zhao Li que o atopu), foi transportado ata o IMWC, onde puxo seis ovos. Tras eclosionar, o corpo máis pequeno dos recentemente nados medía polo menos 26 centímetros, case o dobre que os conservados no museo londiniense. As autoridades chinesas sinalan que a tese sobre este caso publicarase proximamente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios