Blogia
vgomez

DEZ XESTOS ECOLÓXICOS QUE NON DEBE DAR VERGOÑA FACER (III)

DEZ XESTOS ECOLÓXICOS QUE NON DEBE DAR VERGOÑA FACER (III)

Moverse en bicicleta nas cidades, unha opción moi interesante / Imaxe:destinoslatam.com

Remato cos dez xestos ecolóxicos relacionados coa alimentación, a roupa, o transporte ou a enerxía que non nos debe dar vergoña facer.

7. Vestir roupa de segunda man

Para vestir de forma atractiva e cómoda non fai falta que a roupa sexa nova. Na actualidade pódese atopar roupa de segunda man de calidade e bonita en mercadillos, tendas especializadas, Internet, etc. Así mesmo, diversas iniciativas puxeron en marcha venda de roupa usada que aúnan a cuestión ecolóxica coa social, ao contribuír á inserción de persoas con dificultades.

8. Desprazarse en bicicleta ao traballo

Ao ir en bicicleta ao traballo, os seus usuarios reducen a contaminación e o tráfico urbano, melloran a súa saúde e o seu rendemento laboral, ademais de aforrar tempo e diñeiro. Diversos accesorios e tipos de bicicletas, como as eléctricas ou as plegables, poden facilitalo. Para iso, a concienciación de traballadores e de empresas e institucións resulta fundamental.

9. Poñerse roupa fresca no traballo durante o verán

Substituír o traxe e gravata por unha camisa elegante de manga curta contribúe no verán a estar máis cómodo no traballo e reducir, ou mesmo non utilizar, o aire acondicionado. Ademais de diminuír o impacto ambiental que supón o uso deste sistema, por cada grao que se evita afórrase un 7% de enerxía, razóns que deberían ser suficientes para seguir o exemplo de compañías que xa o asumen.

10. Reclamar

Un dos xestos ecolóxicos que menos vergoña debería dar aos consumidores ecolóxicos e concienciados é exercer o seu dereito para reclamar. A lei ampara a posibilidade de esixir actuacións a empresas e institucións que contribúan a mellorar o medio ambiente e a súa calidade de vida.

FONTE: Revista Consumer/Medio Ambiente

0 comentarios