COÑECES ESTA ÁRBORE? XV
A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Tileiro. Son as árbores do xénero Tilia, pertencentes á familia das malváceas (anteriormente clasificados na súa propia familia, as tiliáceas), nativos das rexións temperadas do hemisferio norte. Abrangue unha trintena de especies; existindo ademais numerosos híbridos espontáneos e artificiais, un factor que dificulta a elaboración dunha taxonomía precisa para a especie. En Galicia aparecen cultivados en parques e xardíns das principais vilas. Son árbores cun bo volume de crecemento e que acadan os 900 anos de idade, cunha altura entre 20 e 40 m, con fustes rectos de até un metro de diámetro, caducifolio coas follas cordiformes, co bordo serrado, de até 20 cm de largo, de cor verde escura na face superior e verde claro prateado na cara posterior, cun cheiro forte especial. As flores, chamadas tilas, teñen tamén un recendo característico, en forma de acios miúdos amarelos cunha bráctea alongada. Son coñecidas polas súas propiedades medicinais para combater catarreiras, arrefriados, ou outras afeccións. Tamén úsanse coma tranquilizantes ou somníferos preparándose a xeito de cocemento ou infusión chamada tila. Algúns estudos recentes descubriron nas súas flores efectos hepatoprotectores.
15. Identifica:
- Castiñeiro
- Plátano da sombra
- Terebinto ou escornacabras
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp
0 comentarios