COÑECES ESTA ÁRBORE? XVI
A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Plátano da sombra (Platanus acerifolia ou Platanus hispanica) é unha árbore do xénero Platanus. É a variedade máis común de plátano na Europa Occidental, especialmente na Península Ibérica. É unha árbore caducifolia hermafrodita de grande envergadura, cuxa altura pode acadar os 35 ou 40 metros, co tronco xeralmente dereito, alto, cun diámetro que pode chegar aos 3 metros. A casca é delgada, de cor pálida cinsenta esverdeada ou amarelada, despréndese en pequenas placas. Florea na primavera; os froitos son aquenios rodeados de pelos de cor pardenta, acastañada ou amarelada, cuxa maduración ocorre no final do verán. Os froitos permanecen na árbore até a primavera seguinte.
14. Identifica:
- Figueira
- Sanguiño
- Moreira
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp
0 comentarios