LUGARES INCRIBLES DO MUNDO III
Terceiro deses lugares incribles do mundo, que parecen quitados de películas de ciencia ficción, pero que son reais, sen ningún retoque fotográfico: Sentinelas do Ártico (Finlandia).
Estas "sentinelas" son realmente xigantescas árbores cubertas de neve e xeo. Esta estraña imaxe prodúcese en inverno, cando as temperaturas oscilan dende -40 ata -15 ºC.
A beleza encantada destas árbores de xeo vese enaltecida polas suaves cores do amencer, azuis claros, rosas, violetas e a luz do sol que se esparexe como unha escuma divina.
FONTE: numaniaticos.com
0 comentarios