Blogia
vgomez

COÑECES ESTA ÁRBORE? XVII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Figueira (Ficus carica). É unha arboriña ou un arbusto da familia das moráceas (Moraceae), unha das numerosísimas especies do xénero Ficus. Orixinaria de Asia suroccidental, medra hoxe brava polo Mediterráneo e noutras rexións do mundo. De porte baixo, máis semellante ao dun arbusto que ao dunha árbore (entre 3-10 m), sobre todo cando emite unha especie espeques que sosteñen as pólas. Pouco esixente e canto ao solo, o seu crecemento é amodo. A casca é lisa e de cor cinsenta. As follas son caedizas, de 12 a 25 cm de longo e 10 a 18 de largo, profundamente lobuladas, formadas por 3 ou 5 lóbulos. Produce froitos compostos dun tipo especial, o sicono, aos que se coñece coma figos. Produce un látex abrancazado irritante.

17. Identifica:

 

- Corneira ou sangomiño

- Lodoeiro ou lodón bravo

- Pinsapo ou abeto español

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

0 comentarios