CRUCIGRAMA XX
VERTICAIS: 1. Instrumento músico de corda cunha caixa de madeira en forma oval, máis estreita no centro e cun orificio por riba do cal pasan as seis cordas que se suxeitan e se tensan no extremo do mastro 2. Instrumento musical de corda con teclado, que funciona mediante unha manivela que fai xirar un disco de madeira impregnado en resina que ao fretar as cordas produce o son 3. Instrumento musical de corda, máis grande ca o violín e que dá notas máis graves 6. Instrumento musical de tres ou catro cordas o máis grande e de son máis grave dos que se tocan con arco e que se pode tocar tamén cos dedos 7. Instrumento musical de corda semellante ao violín pero un pouco máis grande ca este.
HORIZONTAIS: 4. Instrumento musical usado polos antigos, semellante a unha arpa pequena en forma de U 5. Instrumento músico de cordas que vibran e producen o son ao seren punteadas por plectros accionados por un teclado 8. Instrumento musical antigo semellante á lira, pero máis perfeccionado, formado por un número de cordas que oscila entre cinco e once que van suxeitas a unha caixa de madeira rematada en dous brazos 9. Instrumento músico de corda coa caixa de resonancia en forma de media pera, que se toca punteando as cordas, que poden ser sete, trece ou vinte e unha 10. Instrumento musical de forma triangular, con cordas colocadas de modo vertical, que se tocan cos dedos das dúas mans 11. Instrumento musical de madeira dotado de catro cordas, que se toca fretando estas cun arco e que se coloca entre o ombreiro esquerdo e o queixo 12. Instrumento musical de corda coa caixa de resonancia en forma de media pera, brazo curto e catro pares de cordas que se toca percutindo estas cunha puga.
0 comentarios