ENCRUCILLADO CXXV
VERTICAIS: 1. Planta herbácea da familia das urticáceas, da que existen diferentes especies que se caracterizan por ter o talo e follas cubertos de pelos urticantes e flores en acio, que ao contacto coa pel produce proído e ampolas 2. Peixe mariño da orde dos angüiliformes, de corpo alongado e cilíndrico, boca grande coa maxila superior saínte, pel viscosa sen escamas e cor cincenta ou negra no dorso e abrancazada no ventre, con nome científico Conger conger 3. Río costeiro que discorre pola provicia de Huelva e que despois de percorrer 100 km chega á ría de Huelva onde se funde co rio Odiel 4. Paxaro da orde dos paseriformes, moi común, de pequeno tamaño, con plumas pardas raiadas de escuro e peteiro curto e curvo, que se alimenta de grans, sementes, insectos etc., e do que existen varias especies 5. Capital de Suiza 6. A escala sismolíxica de Richter mide nun terremoto a... 8. Variedade de uva branca, en acios grandes e moi pechos, de bagos alongados, duros e moi doces.
HORIZONTAIS: 7. Unidade de tempo equivalente a trillonésima parte dun segundo 9. Pico máis alto da península ibérica 10. Disputa dialéctica improvisada e en verso, especialmente entre os asistentes a unha voda.
0 comentarios