ENCRUCILLADO CLXXVI
VERTICAIS: 1. Río máis longo e caudaloso de Irlanda 3. Elemento químico de propiedades intermedias entre os metais e os metaloides, de cor branca azulada e brillante, fácil de fragmentar e pulverizar, que aumenta a dureza dos metais cos que se asocia e de símbolo Sb 5. Caixa onde se introduce o cadáver que vai ser enterrado 8. Peixe da familia dos gádidos, de ata corenta centímetros de lonxitude, cor castaña amarelada no dorso e prateada con reflexos nos flancos e no ventre, e de nome científico Trisopterus minutus.
HORIZONTAIS: 2. Planta herbácea da familia das umbelíferas, con talos estriados de ata un metro, follas pinnadas, flores pequenas en umbela con pétalos brancos e froito oblongo, e de mome científico Angelica pachycarpa 3. Sigla do partido portugues, Aliança Democrática, gañador das lelección do pasado día 18 de maio 5. Inflamación da membrana conxuntiva transparente entre a pálpebra e o globo ocular 7. Comarca pertencente á provincia de Cáceres, ao pé da serra de Gata, de escasa poboación e decrecente, unha das menos avanzadas de España, subdesenvolvida economicamente 9. Montaña máis alta dos Alpes e de toda Europa, a 4.807 metros de altitude 10. Instrumento de percusión de orixe oriental que consiste nun disco metálico pendurado verticalmente que, ao ser golpeado, vibra producindo un son semellante ao dunha campá.
0 comentarios