CRUCIGRAMA XIV
VERTICAIS: 1. Peza de tecido que empregan as nulleres para cubrir a cabeza 2. Peza de roupa aberta por diante, xeralmente con colo e mangas, que cobre a parte superior do corpo e se usa como vestimenta exterior ou debaixo da chaqueta ou do chaleco 3. Calzado rústico coa sola de madeira e a empeña de coiro, que se amalloa e cobre o nocello, en plural 5. Peza do vestiario feminino que se leva sobre a cabeza e que cobre as costas completamente ou só en parte 7. Peza de vestir interior feminina parecida a unha saia 8. Peza de vestir para cubrir a cabeza, que consta de copa e abas no caso dos homes e pode ter formas moi diversas no caso das mulleres 9. Peza de vestir feminina que parte da cintura, á que vai cinguida, e que pode ser máis ou menos longa 12. Peza do traxe tradicional feminino semellante a unha esclavina de pano adornado con veludo e abelorios, con puntas longas que se cruzan sobre o peito e se abrochan por detrás.
HORIZONTAIS: 4. Peza de vestir que cobre desde o pé ata o xeonllo ou a coxa, en plural 6. Peza de vestir sen mangas para pór por riba da camisa, que vai dos ombros á cintura ou á cadeira e se abotoa por diante 10. Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e que tiña a forma desta 11. Peza de roupa que, atada á cintura e ás veces tamén ao pescozo, se pon sobre a outra roupa para non manchala por diante.
0 comentarios