ENCRUCILLADO CXCVI
VERTICAIS: 1. Carne de tenreira 2. Terceiro río máis longo que pasa por Roma 3. Peixe da familia dos raíidos, de corpo plano con forma de rombo, do que existen distintas especies 5. Planta herbácea silvestre da familia das compostas, de follas basais con lobos triangulares e talo rexo e ergueito rematado nunha flor amarela parecida ás margaridas, que deita un látex branco ao cortal e de nome científico araxacum officinale 7. Ave da familia dos túrdidos, que existen varias especies, que se caracteriza por ter o lombo de cor parda e cinsenta e o ventre a pencas, e que se alimenta de bagas, caracois, miñocas e insectos.
HORIZONTAIS: 4. Concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Bixa Limia, con capital no lugar da Terrachá 6. Obxecto, xeralmente metálico, que se emprega para unir o extremo dunha correa, fita, etc., co outro ou con outra cousa 8. Elemento químico do grupo dos gases nobre que existe en moi pequena cantidade na atmosfera terrestre, que se emprega na fabricación de lámpadas e de símbolo Kr. 9. Insecto da familia dos tabánidos, de forma parecida á da mosca pero máis grande, que pica o gando e as persoas para chucharlles o sangue 10. Instrumento de labranza formado por unha pa de ferro por un extremo e un ollo onde se insire o mango no outro, que se usa para cavar.
0 comentarios