Blogia
vgomez

ANIMAIS MIMÉTICOS VIII

Continúo coa serie adicada á sabedoría do reino animal na que algúns deles viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos na camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

14. Babosa Coroada

Ou Isa Textula é unha eiruga urticante (irritante) que ten ao redor do seu corpo un conxunto de filamentos. Esta especie pode desenvolver manchas vermellas ou amarelas por todas as súas costas. Atópase en América do Norte desde Minnesota, o sur de Ontario e Massachusetts ata Florida, Texas e Mississippi.

15. Guepardo

O Acinonyx jubatus, é o animal terrestre máis rápido do mundo e ademais da súa gran velocidade, ten outra potente arma, a camuflaxe. Grazas á súa pelame moteada, estes animais ocúltanse na natureza e consegue xogar co factor sorpresa á hora de cazar. Estas características convérteno nun animal letal.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com e foroambiental.net

0 comentarios