DUNAS BOREAIS
As auroras polares (chamadas boreales no hemisferio norte, austrais no sur) prodúcense cando partículas con carga eléctrica procedentes do sol (os chamados ventos solares) son canalizadas cara aos polos polo campo magnético que envolve a Terra. Alí interactúan cos gases da atmosfera, incluíndo o osíxeno e o nitróxeno, aumentando a súa enerxía ata que a carga é liberada en forma de partículas lumínicas.
Unha colaboración entre afeccionados á fotografía e astrofísicos finlandeses permitiu identificar unha nova forma de aurora boreal que debuxa patróns similares ao das dunas de area. O achado, descrito no primeiro número da revista AGU Advances , foi localizado nunha rexión da atmosfera pouco estudada ata o de agora, a mesopausa, que se atopa entre a mesosfera e a ionosfera, no límite co espazo exterior.
Pero a investigación demostrou que as dunas son o resultado de mareas mesosféricas, un fenómeno raro e pouco estudado. O comportamento destas mareas é similar ao que se dá na desembocadura dalgúns ríos, cando as ondas avanzan en contra a dirección do caudal. Só que neste caso trátase de ondas de partículas luminosas.
Curioso fenómeno!
FONTE: Amado Herrero/elmundo.es/ciencia
0 comentarios