A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é o Morcego.  A lingua do morcego Anoura fistulata mide unha vez e media a lonxitude de todo o seu corpo, proporcionalmente máis que a de calquera outro mamífero. É incriblemente longa! Para que a emprega? Este morcego utilízaa para sorber o néctar das flores das que se alimenta.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. A ra africana Ptychadena oxyrhynchus acadou un récord de salto de...

- 5,35 metros de lonxitude

- 6,35 metros de lonxitude

- 7,35 metros de lonxitude

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es