Blogia
vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO XC

Esta é a bandeira da República Dominicana, un país que ocupa algo máis dos dous terzos orientais da illa de Santo Domingo ou A Española, no arquipélago das Antillas. Conta cunha poboación que rolda os 10 millóns de habitantes, sendo a súa capital é Santo Domingo de Guzmán. O idioma oficial é español.

A bandeira ten unha cruz no centro que se estende cara as extremidades e divide a bandeira en catro rectángulos: os de arriba son azul (no lado do mastro) e vermello, e os de abaixo son vermello (no lado do mastro) e azul. No centro da cruz ten un escudo cunha póla de oliveira (esquerda) e unha póla de palma (dereita). Enriba do escudo hai unha cinta azul co lema nacional: Deus, Patria, Liberdade. Debaixo do escudo hai outra cinta, desta volta vermella, coas palabras República Dominicana escritas nela. O vermello representa o sangue derramado polos patriotas nas batallas por alcanzar a independencia do país. O azul simboliza o ceo que cobre a patria e desde o cal Deus protexe e coida a nación e os ideais dos dominicano. O branco representa a paz e unión entre o pobo dominicano.

FONTE: gal.wikipedia.org e significados.com

0 comentarios