CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? IX
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.
A contestación correcta á pregunta de onte é Sonora. Politicamente divídese entre os Estados Unidos de América e México, e cobre grandes partes de Arizona e California, así como do estado mexicano de Sonora, o cal lle dá nome. É un dos desertos máis calorosos e grandes do mundo, pois cobre unha área de 311.000 km². O deserto de Sonora, ao noroeste de México, chega ata o océano Pacífico.
E imos coa pregunta para hoxe!
9. Que significa desertificación?
- Un cambio das condicións do clima que converte un sitio húmido en seco
- Un cambio das condicións do chan que converte un sitio fértil en ermo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e gl.wikipedia.org Imaxe: chintpowerlatinoamerica.com
0 comentarios