Facebook Twitter Google +1     Admin

CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (II)

por vgomez el 21/09/2021 08:01, en CURIOSIDADES

Tal como quedamos onte, inicio a serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).

Imos coa primeira curiosidade!

1. Cando foi descuberto Marte?

Marte foi coñecido polo exipcios, chinos, babilónicos… Copérnico e Kepler estudaron a súa órbita. Galileo Galilei en 1610 fixo a primeira observación telescópica deste planeta e así un longo etcétera.

A pesar de que podemos marcar en negrita o calendario de 1877 como importante en canto a observacións de Marte refírese, todas elas foron bastante dispares. En agosto de 1877, o astrónomo estadounidense Asaph Hall descubriu dous satélites marcianos, denominados Fobos e Deimos, en honra aos fillos de Ares. Doutro lado, o astrónomo italiano Giovanni Schiaparelli advertiu a presenza dunha rede de canles na superficie do planeta.

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.