O TERREO EN CONDOMINIO MÁIS PEQUENO DO MUNDO
A Illa dos Faisáns supón unha fronteira natural entre España e Francia / Imaxe: Google Maps
É posible que un territorio pertenza durante seis meses a un país e o resto do ano a outro? A resposta é si.
O exemplo, a Illa dos Faisanes, situada no río Bidasoa. Mide 213 metros de longo por 40 de ancho e ocupa case 7.000 metros cadrados. Ao carón do río atópase a cidade de Irún, ao outro, a francesa de Hendaia. Desde febreiro, este illote fluvial está baixo xurisdición española. Pero só será así durante seis meses. A outra metade do ano pertencerá a Francia.
Foi a finais o século XIX cando se chegou a este pacto de soberanía rotatoria de seis meses que converteu a este illote no territorio en condominio máis pequeno do mundo. Supón unha fronteira natural entre España e Francia. Esta illa supuxo durante moito tempo unha importante fonte de conflitos entre os pescadores españois e franceses. Coa finalidade de evitar enfrontamentos e, á vez, impedir que o Illote se convertese nun terreo non lexislado, Francia e España decidiron repartirse durante seis meses ao ano a xurisdición da mesma. Neste illote é onde se asinou o 7 de novembro de 1659 o Tratado dos Pireneos, poñéndose fin á guerra entre España e Francia que se iniciou en 1635. A partir dese momento, os Pireneos pasaban a ser a fronteira natural entre os dous países. Desde finais do XIX existe esta soberanía rotatoria de seis meses entre España e Francia. Alí acordaríase tamén o matrimonio de Luís XIV con María Teresa de Austria, infanta de España. Un acordo matrimonial que un ano despois, en 1660, ratificarían na mesma illa ambos os monarcas: Luís XIV e Felipe IV.
FONTE: Xornal La Vanguardia
0 comentarios