Facebook Twitter Google +1     Admin

CRIATURAS ABISAIS

por vgomez el 01/12/2021 07:22, en OUTRAS COUSAS

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso Criaturas abisais polo biólogo Ricardo Moure.

O mundo abisal esconde criaturas en grao sumo insospeitadas. Ricardo fala do peixe pescador ou o peixe pinga, viralizado hai uns anos por ser considerado o animal máis feo do mundo… Aínda que no seu hábitat natural teña unha aparencia moi diferente. Moure recibe á química Deborah García para falar doutro fenómeno da fauna mariña: a bioluminiscencia, ou quimioluminiscencia procedente dos organismos vivos. Na súa reportaxe semanal, Ricardo viaxa ao porto de Xixón para coñecer máis sobre o estudo do fondo mariño xunto á oceanógrafa Raquel Somavilla.

Moi interesante!

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.