Se muestran los artículos pertenecientes al tema COMUNICADOS.
DÍA DA BIBLIOTECA: CINE

Con motivo da celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, o noso Concello organiza diversos actos, entre eles a proxección da película "Blade Runner".
LUGAR: Salón de actos do Centro Cultural
DÍA E HORA: Venres, 30 de outubro ás 21:30 horas
ARGUMENTO: Rick Deckard, experto no manexo de androides, recibe o encargo de destruír a seis androides rebeldes. Así comeza un alucinante pesadelo tecnolóxico, unha obra mestra que pon en cuestión o que significa ser humano. Película dirixida por Ridley Scott, baseada no relato ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, de Philip K. Dick.
Actividade interesante e gratuíta.
CURSO DE CHINÉS

Cada vez á presencia china es España e concretamente en Calicia é maior. Así mesmo son moitos os nosos compatriotas que se desprazan á China, funfamentalmente por motivos empresariaIs. Por ese motivo a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa é promotor dun proxecto financiado pola Unión Europea dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente. O proxecto denomínase CHINESE-COM (Competencias básicas en chinés como medio para incrementar a competitividade das empresas da Unión Europea)
O material creado está disponible pinchando en ChineseCom
Anímate!
PREMIOS EXTRAORDINARIOS E.S.O.

No DOGA do día 22 de outubro convócanse os premios extraordinarios de E.S.O ao rendemento académico correspondentes ao curso pasado (2008/2009). Os requisitos son:
1. Cursar durante o curso 2008-2009 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. A media das cualificacións dos alumnos e alumnas solicitantes debe ser igual ou superior a 9 puntos.
4. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa.
5. Segundo o establecido nas disposicións adicionais do Decreto 133/2007 polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria, para a obtención da nota media non se terá en conta a área de relixión.
6. As áreas validadas ou exentas non serán tidas en conta para o cálculo da nota media.
7. A media aritmética das cualificacións da etapa expresarase cun só decimal e deberá reflectirse na certificación académica a que se fai referencia noartigo 6º.3 a) desta orde.
Os aspirantes realizarán unha proba. Proporanse ata 20 premios que consistirán nun diploma acerditativo e un ordenador portátil.
Se estás interesado pincha en PREMIOS EXTRAORDINARIOS E.S.O.
AVALIACIÓN DO DIAGNÓSTICO

O próximo día 21 de outubro, mércores, no noso centro ao igual que en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten cuarto curso de Primaria e segundo da Educación Secundaria Obrigatoria realizarán a avaliación diagnóstica referente as competencias :
Competencia de Comunicación Linguística
Competencia Matemática
Veranse afectados os alumnos-as que cursan actualmente 3º curso da ESO, que non sexan repetidores, e os alumnos-as repetidores de 2º ESO deste curso.
Indicar que neste proceso tamén haberá un cuestionario para o alumnado, dirección, profesorado titor e para as familias.
DÍA NON LECTIVO PARA ESTE CURSO

O segundo día non lectivo para este curso 2009/2010 (o primeiro foi o 23 de setembro, Santa Tegra), será o 18 de maio de 2010, martes. Esto fará que a fin de semana se prolongue ao luns 17, Día das Letras Galegas, e o citado martes 18.
Este día foi proposto polo Claustro do IES A Sangriña onte vernres.
OUTONO

Hoxe, 22 de setembro, ás 23 horas e 19 minutos (hora oficial peninsular) iniciase o outono, no hemisferio norte.
Durará 89 días e 20 horas, ata a chegada do inverno, o 21 de decembro.
Na madrugada do domingo, 25 de outubro, terá lugar o cambio de hora, iniciándose o horario de inverno (cando sexan as 3, poñeremos os reloxos nas 2).
BIBLIOTECA MUNICIPAL

Durante este curso, que onte empezou, teredes que ir motas veces a unha BIBLIOTECA, ben sexa a do propio Centro, a que hai en Camposancos ou ben a Municipal de A Guarda. Algúns, por sorte, teredes libros e material de abondo nas vosas casas, pero non será a maioría.
As bibliotecas son ferramentas de apoio, non só de libros, pois hoxe contan todas con internet, para elaborar traballos, consultar dúbidas, etc.
Neste comentario quero indicarvos o horario da biblioteca municipal, que será de luns a venres de 17 a 20 horas e sábados de 10 a 13 horas.
Tedes que valorar cal é a máis próxima e o seu horario (a do centro está sempre aberta en horario escolar de mañá e tarde-noite, pero non os sábados). Fai uso das bibliotecas!
CALENDARIO INICIO DE CURSO 2009/2010

17 de setembro: Presentación da Dirección cos grupos da ESO
1º ESO: 12 a 12,30 horas 2º ESO: 12,30 a 13 horas
2º ESO: 13 a 13,30 horas 4º ESO: 13,30 a 14 horas
18 de setembro:
ESO: 8,20 horas (1ª hora) Presentación cos titores/as na aula correspondente, entrega de horarios e outras informacións. Nas horas seguintes claseS cos respectivos profesores. Durante a mañá procederase a entrega de libros de texto (sistema de préstamo). Os alumnos-as repetidores empregarán os mesmos libros, prestados, no curso pasado, polo que non terán que recollelos.
BACHARELATO: Presentación 12 horas 1º Bach. e 12,15 2º Bach. Posteriormente, cos seus titores/as, na aula correspondente entrega de horarios e outras informacións.
21 de setembro: Horario normal para toda a ESO e BACH diurno.
12 horas: Presentación Ciclos Formativos
17,30 horas: Presentación PCPI
18,30 horas: Presentación ESA
19 horas: Presentación Bach adultos
19,30: Presentación CUALE
22 de setembro: Comenzo das clases en horario normal para os Ciclos Formativos, PCPI, ESA, Bach adultos e CUALE.
23 de setembro: FESTA LOCAL (Non lectivo)
GRIPE A(H1N1)v GALICIA

Dende hoxe e con este título GRIPE A(H1N1)v GALICIA, tedes un enlace coa páxina da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, onde se facilita información sobre esta pandemia do seguinte xeito:
Información para a cidadanía
- Preguntas e respostas máis frecuentes
- Cómo evitar contaxiar e contaxiarse?
- Información para o enfermo
- Información para o coidador
- Consellos para viaxeiros
Información para os profesionais
- A gripe A(H1N1)v en atención primaria
- A Gripe A(H1N1)v nos hospitais
- Factores de risco
- A gripe A(H1N1)v e o embarazo
- Informes para os profesionais sanitarios
- Actividade gripal
Información para colectivos
- Información cara o curso escolar 2009/2010
- Campamentos de verán
- Centros educativos
- Residencias da terceira idade
- Centros de inclusión e emerxencia social
- Congresos, feiras e semellantes
Destacados
- Comunicados da Consellería
- Suscrición SMS
- Máis información
ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA

Entrega de notas:
2º Bacharelato- venres 4 de setembro ás 10 horas.
ESO e 1º de Bacharelato- luns 7 de setembro ás 10 horas.
Prazos de matrículas:
Do 1 ao 15 de setembro (10 a 14 horas):ESO Adultos, 2º curso PCPI e Ensinanzas de Idiomas-CUALE Inglés
Día 7 de setembro (10 a 14 e 17 a 20 horas): Bacharelato ( Ordinario e adultos)
Día 8 de setembro: 3º e 4º ESO (10 a 14 horas) e 1º e 2º ESO (17 a 20 horas)
Días 9 e 10 de setembro (10 a 14 horas): PCPI
INFÓRMATE: GRIPE A

A gripe A (H1N1) de 2009 é unha pandemia (epidemia que afecta ao mesmo tempo a moitos países no mundo e, ao ser producida por un virus novo, pode ocasionar un cadro clínico de maior severidade) causada por unha variante do Influenzavirus A de orixe porcino (subtipo H1N1). Esta nova cepa viral é coñecida como gripe porcina (nome dado inicialmente), gripe norteamericana (proposto pola Organización Mundial da Saude Animal) e nova gripe (proposto pola Unión Europea), nomenclaturas que foron obxecto de diversas controversias. O 30 de abril de 2009 a Organización Mundial da Saude (OMS) decidíu denominala gripe A (H1N1). Na nomenclatura do virus a letra A indica a familia dos virus da gripe humana e dalgúns animais como porcos e aves e as letras H e N (Hemaglutininas e Neuraminidases) corresponden ás proteínas.
Coa volta á normalidade, despois das vacacións, xurden interrogantes nas aglomeracións como empresas, colexios, etc, así como tamén da coincidencia coa época do outono/inverno, na que aparece a gripe estacional.
Penso que ante o alarmismo o mellor é a información. Trátase dunha gripe, que non comporta máis riscos que pasala, salvo en casos de complicacións en que si pode ter especial virulencia. Por eso TODOS debemos informarnos. Dende aquí e a través dun ENLACE podedes saber todo sobre esta enfermidade, como diferenciar unha gripe estacional da A ou recibir contestación a calquera das vosas preguntas. Anímote a que entres en GRIPE A (apartado da páxina no Ministerio de Sanidade e Política Social) onde atoparás este tipo de información.
Infórmate!
LIBROS DE TEXTO: NOVIDADES

A Consellería de Educación acaba de informar das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:
Esta Consellería aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros, sustituíndo progresivamente aó mecanismo de préstamo vixente.
O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos ata 5.400 € anuais por persoa no fogar, ou ata 6.000 € se a familia é monoparental, cunha axuda de 180€. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 € por persoa e fogar, ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais, a Consellería garante unha axuda aproximada da metade do custo.
Para alumnado de Educación Especial, a bolsa será de 250 €, independientemente da renda familiar.
A convocatoria de solicitudes de bolas sairá publicada este verán e abrirá un prazo no mes de setembro para que as familias soliciten as xudas nos centros educativos.
O sistema de axudas comenzará nos dous próximos cursos para 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e E. Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13.
Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro, e dicir como ata agora, sistema de préstamo.
EXAMES DE SETEMBRO

Aquí tedes as datas e horas dos exames de setembro:
CN pendentes de cursos anteriores:
Martes, 1 de setembro: 8,30 a 9,30 (1º e 2º ESO)
CN suspendas deste curso:
Mércores, 2 de setembro: 8, 30 a 9,30 (1º e 2º ESO)
Avaliacións:
Xoves, 4 e venres 5 de setembro.
Entrega de notas:
Luns, 7 de setembro, ás 10 horas.
Para o resto de materias consultade taboleiros e cristaleras do IES.
CALENDARIO CURSO 2009/2010

O pasado 22 de xuño foi publicado no DOGA o calendario escolar para o curso 2009/2010 para os centros docentes sostidos con fondos públicos.
En resumo, estes son os aspectos máis importantes:
Actividades lectivas: Comenzo das clases o 17 de setembro de 2009 e remate o 23 de xuño de 2010.
Vacacións: Nadal (do 23 de decembro de 2009 ao 7 de xaneiro de 2010, ambos inclusive). Día do Ensino (8 de xaneiro 2010). Entroido (15, 16 e 17 de febreiro de 2010). Semana Santa (do 29 de marzo ao 5 de abril de 2010, ambos inclusive). Así mesmo o centro disporá de 2 festas laborables de caracter local (sen decidir).
Se queres coñecer polo miúdo o calendario pincha en CALENDARIO ESCOLAR 2009/2010
MATRÍCULA

Dende hoxe, 29 de xuño, e ata o próximo 3 de xullo está aberto o prazo para matricularse, os alumnos-as aprobados en xuño, para cursos da E.S.O.
Así mesmo para matricularse en bacharelato o prazo sera do 6 ao 10 de xullo, tamén para alumnos-as aprobados en xuño.
Para matricularse precisades:
- 2 fotografías
- Fotocopia DNI
- Xustificante de pago do Seguro Escolar (Caixanova) (Non para os alumnos de 1º e 2º ESO).
- Impreso cuberto (recoller en conserxaría)
- Outro impreso para alumnos de 3º ESO (pedilo en secretaría)
NOTAS E LIBROS

Hoxe ás 11 entréganse as notas, momento de
. Espero que sexan favorables ou non moi malas. Pensade que o curso, realmente, aínda remata en setembro.
Un aviso para os alumnos de ESO. Se aprobastes todo, debedes de entregar todos os libros, hoxe ou ben o próximo luns e martes na biblioteca en horario de 9 a 14 horas. Se suspendestes algunha, entregaredes todos os libros en setembro, despois dos exames.
Que pasedes un bo verán! 
NOVO ENLACE

A petición dun alumno de 1º ESO, coloco un ENLACE novo do seu blog: VIDEOGAMES THIS IS THE LIVE. O contido deste blog é, fundamentalmente, información de videoxogos e últimas novidades.
Para coñecelo pincha en angushacker.blogia.com ou ben no enlace habilitado na parte dereita do blog: ENLACES.
LETRAS GALEGAS EN A GUARDA

A Agrupación Cultural Guardesa adicalle este ano o Día das Letras Galegas a AGUSTÍN FERREIRALORENZO, coñecido de todos vós polas actividades de medio ambiente en ANABAM e como profesor dunha academia de ensino, á que seguro que moitos de vós asististes nalgún momento.
Os actos de homenaxe celebranse hoxe, 29 de maio, no Centro Cultural, a partir das 21 horas.
Estades todos e todas invitados!
INMERSIÓN VERÁN 2009 E AULAS NATUREZA
Fixéronse públicas as listaxes definitivas de alumnado para estadías de aprendizaxe de idiomas en Francia, Inglaterra, Irlanda e Canada durante o verán 2009.
Se estás na situación de posible bolsa pincha en INMERSIÓN 2009
Así mesmo fixéronse publicas as lisaxes de propostas de selección pola comunidade autónoma para participar na actividade de Aulas da Natureza no ano 2009.
Se tes feita a solicitude pincha en AULAS NATUREZA 2009
EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍAS

Dende o pasado venres e ata o próximo 18 de maio, están expostas as fotografías presentadas ao II Concurso de Fotografía A21EG.
Para elexir as 3 gañadoras, ao igual que o curso pasado, farase por votación (alumnado, profesorado, pais e persoal non docente), que se realizará o próximo xoves e venres nos recreos grandes e o xoves de 16 a 16,30 para os que non poidan pola mañá. A tal efecto habilitarase ao lado da exposición unha urna. Entre todos os participantes na votación sortearase un agasallo consistente nun pendrive.
Os gañadores do concuros recibirán un diploma acreditativo e unha cámara dixital, un MP4 e un MP3 respectivamente, que corresponden ao 1º, 2º e 3º clasificado.
A entrega de premios farase o luns 18 no recreo grande no Salón de Actos.
LISTAXES ESTADÍAS NO ESTRANXEIRO

Publicáronse as listaxes de seleccionados/as e de suplentes para os programas de inmersión lingüística, verán 2009.
Hai prazo ata o 8 de maio para que os solicitantes, que así o desexen, formulen as pertinentes reclamación.
Se fostes, ulgún de vós, solicitante deste programa preme en axudasle
AMPLIACIÓN DE PLAZO

O pasado venres remataba o prazo de presentación de fotografías para o II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA convocado pola A21EG dos IES A Sangriña.
Comunícase que o prazo amplíase ata o último día lectivo deste mes, o próximo xoves 30 de marzo.
Aínda estás a tempo. Participa!
ATENCIÓN: EXÁMES DE MATERIAS PENDENTES

Chegan as datas para poder recuperar as materias pendentes de cursos anteriores. As probas serán no mes de maio: 12 (martes), 13 (mércores) e 14 (xoves), en horio de tarde (entre as 16 e as 20,30 horas).
Nos taboleiro están expostas as horas, as materias e as aulas onde se celebran as probas. Sería bo consultalas o antes posible.
Para os alumnos con CIENCIAS NATURAIS pendentes de 1º ou 2º ESO será o mércores, 13 de maio, ás16 horas no LAB de Ciencias. A esa mesma hora tamén están convocados os alumnos pendentes de BIOLOXÍA-XEOLOXÍA de 3º ESO. Lembrade que nesta proba os alumnos que superaron a 1ª parte, só terán que examinarse da 2ª. Os que suspenderon a 1ª parte examinaranse das dúas (1ª e 2ª).
Tal como reza o debuxo, hai que empezar a estudiar e non deixalo para o último día.
DE INTERESE PARA OS ALUMNOS QUE ESTUDIEN MÚSICA NOS CONSERVATORIOS

No DOGA do pasado 7 de abril, publicoude a Orde pola que dictan instruccións para as validacións académicas entre as ensinanzas profesionais de música e danza e a ESO, o bacharelato e a ESO para persoas adultas.
Se estás cursando estas ensinanzas nalgún conservatorio esta noticia interésache, pois podes validar (non cursar) algunha materia da ESO ou bacarelato como música ou algunha optativa.
Se estás interasado pincha en DOGA: VALIDACIÓNS
ESTAMOS DE VOLTA

¡Estamos de volta! Despois de 10 días de vacacións, comenza o terceiro trimestre do curso, o último.
A súa duración será ata o día 23 de xuño (martes). Contaremos cun festivo, o 1º de maio (venres) e un día non lectivo o 4 de maio (luns), o que fará unha longa ponte.
Haberá que poñer toda a carne no asador, no refrente ao estudo, pois do contrario aparecera a sombra de SETEMBRO, sinónimo de suspensos, estudo e poucas vacacións.
¡Que sexa un bo trimestre para todos e todas!
VACACIÓNS

Chegou o día. Unhas horas máis de clase, recollida de notas á última hora (despois de facer algo de limpeza na aula) chegan as ... VACACIÓNS.
Días de descanso, sen profes, nin alumnos-as, en fin ... pasalo ben.
Eso si, o martes 14 ás 8:20 temos unha cita.
¡Boas vacións para todos e todas!
CAMBIO DE HORA

O reloxo adiantarase unha hora durante esta madrugada do sábado ao domingo.
A medida aplícase en cumprimento da Directiva Comunitaria que rixe o cambio de hora e que afecta a todos os paises membros da Unión Europea.
O cambio de hora empezouse a xeneralizarse a partir de 1974, a consecuencia da primeira crisis do petróleo, cando algúns países decidiron adiantar os reloxos para poder aproveitar a luz do Sol e gastar menos electricidade. Aplícase como directiva dende 1981 e foi renovada sucesivamente cada catro anos.
Segundo as estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o potencial de aforro en iluminación no soso país polo cambio de hora pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros.
UN RECORDO PARA MANUEL

D. Manuel García Varela
Seguramente os que vexades esta fotografía non recoñeceredes quen é, pero se preguntades aos vosos irmás ou pais posiblemente si. Tratase dun profesor que foi..., pois lamentablemente hoxe faleceu en Tui (lugar onde tiña a súa residencia e o seu traballo, aínda que non era nativo desa vila) despois dunha curta pero intensa enfermidade, o profesor de Latín deste Centro durante varios anos. Era, ... si era D. MANUEL GARCÍA VARELA.
Fun moi poucos anos compañeiro seu, foi profesor dunha das miñas fillas, pero ante todo foi unha boa persoa. Dende aquí, os meus respectos. Son moitos os alumnos-as de A Guarda que pasaron polas súas mans.
¡Descanse en paz!
DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, 22 de marzo de 2009, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA, que este ano leva o lema: "Os recursos híricos transfronteirizos".
Este día pretende dar énfase a cuestións relacionadas ás aguas compartidas. Persoas de todo o mundo están invitadas a celebrar este día resaltando a importancia dos desafíos mundiais de compartir a agua e as oportunidades.
Nós, dende o IES, queremos esta próxima semana reslatar a importancia da depuración das augas no proceso do ciclo hidrolóxico. Por eso o próximo martes os alumno-as de 1º ESo farán unha visita á EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) de A Gurada, onde coñecerán de primeira man este proceso que permite evitar a contaminación do noso mar, sendo máis respectuosos co medio ambiente.
Así mesmo dende a A21EG fixemos unha serie de recomendacións para o aforro deste líquido tan importante para os seres vivos. Facemos un chamamento á responsabilidade de todos e todas ao aforro da auga.
E CHEGOU A PRIMAVERA

Hoxe, venres 20 de marzo, ás 12,44 horas comenzará a primavera, que durará 92 días e 18 horas. O equinoccio de primavera é o momento do ano no quea duración do día e a noite é practicamente igual. O equinoccio de primavera pode darse en tres datas distintas ao longo do século XXI, podendo iniciarse entre os días 19 ao 21 de marzo (data oficial española), sendo o seu incio máis temperán o do ano 2096 e o inicio máis tardío o do 2003.
CAMPAMENTOS VERÁN 09

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca a oferta da Campaña Verán-2009 que comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito estatal, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade pretende desta forma atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do lecer e o tempo libre.
Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas na presente convocatoria os mozos con idades comprendidas dentro dos tramos que se especifican para cada actividade (para campamentos de 9 a 17 anos, para actividades para maiores de 18 de 18 a 35 anos, e nos campos de traballo hai que atender ao que se marque en cada un deles). En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase manter desde o inicio ata a finalización do campamento.
A adxudicación realizarase da seguinte forma:
1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.Neste caso o sorteo realizarase, ante notario, o día 22 DE ABRIL DE 2009 as 12 horas no salón de actos número un, sito na planta baixa das dependencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela.
O prazo de solicitude rematará o día 24 DE MARZO.
Se estás interesado, tes toda a información en CAMPAMENTOS VERAN 09
BACHARELATO

O Tribunal Supremo anulou un real decreto (o 1467/2007, do 2 de novembro) segundo o cal os alumnos de primeiro de bacharelato que suspendesen ata catro materias podían pasar de curso matriculándose en parte de segundo.
En concreto, o que declara nulo o Tribunal Supremo é o artigo 14 do citado real decreto, no que se di: « Quen non promocionen a segundo curso e teñan avaliación negativa en tres ou catro materias poderán optar por repetir o curso na súa totalidade ou por matricularse das materias de primeiro con avaliación negativa e ampliar devandita matrícula con dúas ou tres materias de segundo nos termos que determinen as administracións educativas».
Segundo o Tribunal Supremo, na LOE , do mesmo xeito que nas outras leis, «a promoción ou paso a un curso de bacharelato implica a matrícula en todas as materias que integran devandito curso, e a posibilidade de matricularse de materias soltas queda limitada a materias pendentes do curso anterior e, xa que logo, impide a matrícula de materias soltas dun curso ao que non se promocionou previamente». é dicir, quen se matricule por primeira vez nun curso ha de facelo en todas as súas materias e só se despois quédanlle dúas ou menos pode rexistrarse nestas materias concretas.
Polo tanto, como estaba anteriormente, con máis de dúas materias hai que repetir 1º de bacharelato.
MÓBILES DE PREPAGO: ATENCIÓN

Foto: www.movilae.com
Se eres propietario dun móbil con tarxeta de prepago esta noticia interésache... e moito.
O Ministerio do Interior acaba de facer público que aquel que fale cunha tarxeta de prepago sen identificar, a partir do día 8 de novembro próximo, quedará incomunicado. Polo tanto o meu consello é que os que vos atopedes nesa situación, pasedes polas oficinas da vosa operadora de móbil e fagades a vosa identificación.
Segundo o citado ministerio esta é unha das ferramentas aprobadas polos países membros da Unión Europea para a loita contra o terrorismo e a delincuencia organizada.
Os que teñades móbiles de contrato non tedes problema, pois xa estades identificado nese contrato firmado.
ACASO ESCOLAR E INTERNET

Acoso e internet (Foto: www.talinga.net)
Maña, luns 2 de marzo, ás 18 horas e no salón de actos do IES, un grupo especializado da Guarda Civil, impartirá unha charla sobre "O acoso escolar e os perigos do mal uso da internet" para pais, profesores, alumnos maiores e público en xeral. Previamente esta mesma charla foi ofreciada no mes pasado aos alumnos de 1º e 2º de ESO e hoxe mesmo aos alumnos de 3º e 4º de ESO.
A actividade está organizada grupo de Dinamización de Convivencia Escolar.
Penso que é moi importante estar informados para actuar en consecunecia e saber os límites que impón a lei, para poder defender os nosos dereitos.
¡Que sexa proveitosa para todos a charla!
AULAS DA NATUREZA 2009

O pasado día 12 publicouse no DOGA a convocatoria de axudas para a participacación nas Aulas da Natureza 2009.
Esta convocatoria ten por obxecto promover a convivencia e integración dos alumnos participantes con outros compañeiros de distintas zonas e culturas, ademais da integración de alumnos de réxime xeral e alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, no centro de programas educativos de Viérnoles en Torrelavega (Cantabria).
Poderán solicitar a súa participación os alumnos matriculados en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan unha idade comprendida entre os 11 e os 13 anos durante o período de realización da actividade (Réxime xeral)
Os alumnos participantes desenvolverán a súas actividades en períodos de doce días no centro de programas educativos de Viérnoles en Torrelavega (Cantabria), de acordo coa seguinte distribución:
temporal:
1ª quenda: do 12 ao 23 de xullo de 2009.
2ª quenda: do 23 de xullo ao 3 de agosto de 2009.
3ª quenda: do 3 ao 14 de agosto de 2009.
O Prazo de presentación remata o 12 de marzo e as solicitudes presentaranse no IES.
Se queres coñecer esta convocatoria pincha en AULAS NATUREZA 2009
TEMPORAL: SUSPENSIÓN DE CLASES

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de irnformar da SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS PARA O DÍA 9, LUNS.
Se queres coñecer o documento emitido pola Consellería remitida a todos os Centros de Galicia pincha en NOTIFICACIÓN OFICIAL XUNTA DE GALICIA.
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AXENDA 21

Dende o 26 de xaneiro ata o 24 de abril está aberto o prazo de presentación de fotografías para o II CONCURSO FOTOGRÁFICO AXENDA 21, que este ano ten como tema "O MIÑO E O SEU ENTORNO".
Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).
Datas de presentación: Entre o 26 de xaneiro e o 24 de abril.
Temática: O Río Miño e o seu entorno.
Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Tamén se presentarán en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.
Cada fotografía ira acompañada dun título e un pequeño texto ou pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.
Entregarase nun sobre e compañánda doutro cerrado que conteña o nome e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.
O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.
Exposición e resultados: Desde o 4 ao 14 de maio haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación en urna (1 por persoa na que aparezan 2 números distintos correspondentes a 2 fotografías) en horarios que se farán públicos entre o 13 e 14 de maio, días da exposición. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo pen drive.
Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:
1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.
2º clasificado – Diploma e un MP4.
3º clasificado- Diploma e MP3.
A entrega de premios será o 15 de maio.
Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.
As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.
¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!
CINE A21EG:

A21EG, dentro das actividades do Comité Ambiental, proxecta o mércores 21 de xaneiro, ás 16 horas a película "TIERRA" (Earth).
Trátase dunha película-documental do ano 2007 cunha duración de 96 min. É un ha coproducción GB-Alemana e os directores da mesma son Alastair Fothergill e Mark Linfield. Esta película logra mostrar con todo esplendor a beleza do reino animal, ao tempo que alerta do seu progresivo perigo de desaparición. Ao longo das catro estacións, retrátase os contrastes entre as diferentes partes do planeta e as súas transformacións naturais.
¡Estades invitados!
PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou a Orde do 2 de decembro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos (grao medio e superior) de formación profesional do sistema educativo.
Se estás interesado ou queres obter máis información pincha en PROBAS ACCESO A CICLOS
INMERSIÓN VERÁN 2009

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.650 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos 6º de Primaria, 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º, 2º de BACH e que non gozase dunha bolsa de inmersión 2008.
Un exempo: Para 1º ESO hai 200 prazas, para inglés, en réxime de aloxamento en campañentos ou residencias, cunha duración de 2 semanas, en distintos lugares de España, cun custe de 1.000 € e cunha aportación da familia de 100 €.
Outro exemplo: Para 2º ESO hai 400 prazas (300 inglés e 100 francés), en aloxamento en familias ou residencias de Francia, Irlanda e Reino Unido, cunha duración de 3 semanas, cun custe de 1860 € e cunha aportación familiar de 150 €.
O PRAZO ESTÁ ABERTO ATA O 9 DE FEBREIRO
Se estás interesado/a e queres maís información pincha nos seguintes enlaces:
EXPOSICIÓN SOBRE CAMBIO CLIMÁTICO

CAMBIO CLIMÁTICO
O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN
Dende hoxe, día 12, ata o día 16 de xaneiro, está aberta esta exposición no Centro Cultural. Aínda que nela participarán alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º BACH do noso Centro (materias de Biloxía-Xeoloxía e Ciencias para o Mundo Contemporáneo), é aberta para todos e todas, alumnos e non alumnos. O mellor horario para asistir é pola tardes a partir das 5, pois polás mañás, tedes clase e está reservada fundamentalmente para Centros de Ensino.
Esta exposición pretende dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.
¡Merce a pena!
2º TRIMESTRE

Espero que todos e todas teñades cargadas as pilas para afrontar o 2º trimestre, que eu penso que o máis ponderante de todos e iso non quere dicir o decisorio, e que ten datas que temos que ten en conta:
Inicio clases: 8 de xaneiro (xoves).
Remate clases: 2 de abril , entrega de notas e comenzo vacacións de S. Santa (venres).
Vacacións: 23-24-25 de febreiro: luns, martes e mércores (Entroido).
19 marzo- S. Xosé (xoves).
20 marzo- Día do Ensino (venres).
Actividades propias da miña materia: Reforzo educativo 1º e 2º E.S.O. e dúbidas na materia do trimestre:
Cadernillo : Inicio 8 de xaneiro - Renate 6 de febreiro.
Proba : 17 de febreiro.
Atención ás dúbidas: 1º ESO Luns e 2º ESO martes ( 11:50-12:20 LAB QUIM).
¡Ánimo e bo trimestre! ¡Traballo diario!
ENTREGA DE NOTAS

O venres, 19 DE DECEMBRO, de 11 a 12 horas (nas aulas respectivas) os titores procederean á entrega de notas. Haberá transporte escolar, tendo en conta que ás 11 ten que estar no IES e marchará de novo ás 12 horas.
Espero que os resultados vos sexan moi favorables. ¡SORTE!
AVALIACIÓNS

Estamos a piques de rematar o 1º trimestre e escomenzan os exames de avalición das distintas materias. Tempo de estudo, no que non podemos perder o tempo para lograr uns bos resultados.
As sesións de avaliciación (reunións de todos os profesores-as que imparten ensinanzas nun mesmo curso) serán os seguintes días:
1º ESO A, B, c e D o martes 16 pola tarde.
2º ESO A, B, C e D o xoves 18 pola tarde.
3º ESO A e B o mércores 17 pola tarde.
3º ESO C e PDC o martes 16 pola tarde.
4º ESO A, B e PDC o martes 16 pola tarde.
4º ESO C o xoves 18 pola tarde.
A entrega de notas será o venres 19, e despois ¡Vacacións!
A21EG: VIAXE A TUI

27 alumnos-as e 4 profesores do Comité Ambiental do noso Centro (dos 45 alumnos-as e 10 profesores) fixemos unha visita a cidade de Tui.
O motivo era a inaguración oficial do curso 2008/09 da Axenda 21 Escolar Galega. Tiñamos que asistir mediante VIDEOCONFERENCIA co resto de centros participantes. Dificultades de útima hora impediron tal evento e, improvisando algo realizamos a saída. Esta consistíu na visita á Catedral de Túi (pensada previamente e con recomendación de D.Anxo -profe de relixión do noso centro) e ao seu entorno (por certo tivemos un guía, un sacerdote, que sabía moito máis que latín).
Poteriormente, dado a falla da videoconfertencia visitamos o Monte Aloia (Parque natural) gozando de vistas extraordinarias e na que algúns recolleron cogomelos.
En torno ás 20,10 (uns 45 minutos antes do previsto regresamos ao noso punto de partida). Pena da inaguración pero ...¡Pasámolo ben e aprendemos a respectar o noso patrimonio natural e artístico!
¡Esperamos repetir moitas saídas máis!
SAÍDA A21EG: TUI

O próximo venres, 24 de outubro, pola tarde (16-20,30 horas), o Comité Ambiental do Centro formado polos alumnos-as e os profesores-as da Axenda 21 Escolar de Galicia, farán unha saída a Tui.
O motivo é asistir ao acto de presentación do "Programa da Axenda 21 Escolar de Galicia. 2008 - 2009 ". A actividade será un encontro virtual por videoconferencia simultánea nos centros da Rede de Telecentros de Galicia, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Secretaría Xeral de Comunicación da Presidencia da Xunta de Galicia.
Neste encontro informarse detalladamente sobre as directrices do programa da A21EG durante todo o curso 2008 - 2009.
Previamente e aproveitando a viaxe, faremos un percorrido polo patrimonio cultural de Tui: A catedral e a zona antigua.
¡Boa viaxe!
UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

ANABAM (Asociación Naturista do Baixo MIño) leva uns años traballando no programa "Un bosque para unha bolboreta". A sua ubicación esta na subida ao monte Santa Trega, case que en fronte da caseta de cobro, ao lado da área de lecer que alí hai.
Trala plantación de érbedos, levada a cabo o pasado mes de marzo co obxecto de crear o que denominamos "Un bosque para unha bolboreta", e transcurridos xa case que sete meses, faise necesario levar a cabo as labores de mantemento para evitar que as acacias invadan de novo a parcela e estraguen o feito ata agora. Por este motivo, o vindeiro sábado 18 de outubro achegarémonos novamente ata a parcela onde plantamos os érbedos para darlle a primeira limpeza e manter, deste xeito, en perfecto estado este incipiente bosque formado por máis dun cento de érbedos.
ANABAM invita a todas aquelas persoas que queiran botar unha man neste proxecto e faia seguinte convocatoria:
SÁBADO, 18 DE OUTUBRO
4 DA TARDE
NAS INMEDIACIÓNS DE CHANS
(MONTE SANTA TREGA)
PARA AXUDAR A UNHA DAS MAÍS FERMOSAS
E ESCASAS BOLBORETAS DO BAIXO MIÑO
Se queres coñecer polo miúdo este programa pincha en PROXECTO: UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA
CLIMÁNTICA, NOVO ENLACE.

Climántica é o novo proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
A parte de Climántica que está dirixida aos alumnos de secundaria expón os grandes problemas ambientais, á vez que os relaciona co cambio climático a nivel global.
O noso Centro está a realizar actividades a través da A21EG e Atención Educativa de 1º ESO.
Tamén contaremos cunha exposición sobre o "Cambio climático" alá polo mes de febreiro do próximo ano.
A partir de hoxe tes un ENLACE directo con este programa.
Se estás interesado pincha en CLIMÁNTICA
CURSO 2008/2009: DÍA NON LECTIVO
O pasado martes o Claustro de Profesores do IES propuxo como día non lectivo para o presente curso o 4 de maio de 2009, luns. Cada centro pode proponer 2 días, salvo que coincidan con festas locais do Concello. Este é o caso e só se pode propoñer 1 pois o outro xa coincidíu coa festa local de Santa Trega, o pasado 23 de setembro.
O resto de centros da localiade terá o día 31 de outubro, venres.
¡Unha pena que non coincidamos!
CAMPAÑA DE VACINACIÓN FRONTE AO VIRUS DO PAPILOMA HUMANO

A Consellería de Sanidade ven de incluír no calendario de vacinación de Galicia a vacina fronte ao virus do papiloma humano, destinada ás nenas que teñan 14 anos desde o pasado mes de xullo. Estas vacinas demostraron ser seguras e eficaces para protexer fronte a unha alta porcentaxe de cancro de cervix.
Curiosamente onte a Academia sueca concedeulle o Premio Nobel ao alemán Harald Zur Hausen polo achádego "do papilomavirus humano que provoca o cancro de colo de útero".
Para máis información consulta ao teu MÉDICO DE CABECEIRA ou pincha na páxina dos SERGAS VACINA PAPILOMA HUMANO
PRESENTACIÓN E COMENZO DO CURSO

A presentación para os alumnos e alumnas de ESO e o resto de alumnos de diurno e PCPI será o próximo xoves, día 18, a partir das 11 horas ata as 13,30 horas. Haberá servicio de autobuses.
O comenzo das clases serán o venres 19, pero deso xa vos falarán na presentación.
¡Bo comenzo de curso a todos e todas!
OBRADOIROS DE NATUREZA

Praia do Muíño ( A Guarda) A Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, dentro da programación de actividades para este ano 2008 organiza, na Praia do Muíño, uns Obradoiros de Natureza que terán lugar o mércores 27 e o domingo 31 de agosto a partir das catro da tarde. Os obradoiros van dirixidos a rapaces de 4 a 16 anos. Estas xornadas representan unha aposta amena e pedagóxica pola educación para a sustentabilidade e o respecto polo noso medio natural e ademais enmárcanse nas actividades relacionadas coa Bandeira Azul. ¡Animo e a participar nesta iniciativa tan interesante!
PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO-DATAS

Recórdovos as datas e horas das probas extraordinarias de setembro (de calquera xeito figuran nas cristaleiras do IES dende principios de xullo):
DÍA 1 DE SETEMBRO : Adicado a pendientes de anos anteriores.
1º ESO: Entre paréntese figura a aula.
HORA | MATERIA |
8:30-10:00 | ING (21) |
10:00-11:30 | TEC (5) |
11:30-13:00 | EPV (3) |
13:00-14.30 | CCNN (4) |
16:00-18:30 | LCL (2) |
18:30-20:00 | MAT (2) |
2º ESO: Entre paréntese figura a aula.
HORA MATERIA 8:30-10:00 ING (19) 10:00-11:30 TEC (13) 11:30-13:00 CSXH (1) 13:00-14.30 CCNN (3) 16:00-18:30 LCL (2) 18:30-20:00 MAT (1)
DÍA 2 DE SETEMBRO: Adicado á proba extraordinaria deste curso.
1º ESO:
HORA MATERIA 8:30-10:00 CCNN 10:00-11:30 CSXH 11:30-13:00 LCL 13:00-14.30 LGL 16:00-18:30 MAT 18:30-20:00 2FR-POR
2º ESO:
HORA MATERIA 8:30-10:00 CCNN 10:00-11:30 CSXH 11:30-13:00 LCL 13:00-14.30 LGL 16:00-18:30 MAT 18:30-20:00 2FR-POR-OBMA-OBCO
DÍA 3 DE SETEMBRO: Adicado á proba extrordinaria deste curso.
1º ESO:
HORA | MATERIA |
8:30-10:00 | ING |
10:00-11:30 | EF |
11:30-13:00 | - |
13:00-14.30 | - |
16:00-18:30 | - |
18:30-20:00 | - |
2º ESO:
HORA | MATERIA |
8:30-10:00 | ING |
10:00-11:30 | EF |
11:30-13:00 | MUS |
13:00-14.30 | - |
16:00-18:30 | TEC |
18:30-20:00 | - |
DÍA DE ENTREGA DE NOTAS: 5 DE SETEMBRO ÁS 13:30 HORAS
¡Sorte a todos e todas!
XOGOS OLÍMPICOS

Os Xogos Olimpicos modernos son eventos deportivos e incluso culturais que se inspiraron nos antigos xogos gregos organizados na cidade de Olimpia entre os anos 776 a. C. e o 393 d. C.
O primeros xogos da era Moderna non se podían disputar noutro lugar que non fose a patria nai das olimpiadas, e así o COI (Comité Olímpico Internacional) presidido polo Barón de Coubertín reunido en París o 24 de xuño de 1894 decide que será Atenas (Grecia) a sede dos primeiros xogos, inagurados o 6 de abril de 1896. Dende ese ano e cada catro iranse celebrando en distintas partes do mundo sendo as únicas excepcións as ediciones de 1916, 1940 e 1944, debido á Primera e Segunda Guerra Mundial.
A edición correspondente ao ano 2008 celébrase en Pekín (China), que se inagurará o próximo venres día 8 de agosto, aínda que dende o día 6 xa hai fases preliminares de fútbol feminino e masculino.
Este evento deportivo pode ser unha razón para achegarnos, aínda que virtualmente, a este pais enorme: CHINA, á historia dos xogos olímpicos, aos deportes que máis che gustan e aos seus máximos representantes. Por esa razón, dende hoxe, tes un enlace que che permitirá seguir minuto a minuto o que alí acontece. Se queres conectarte xa faino no enlace ou ben preme en XOGOS OLÍMPICOS-PEKÍN
PÍLLARA PAPUDA

A Píllara papuda ou Charadrius alexandrinus é unha ave limícola. A súa clasificación científica sería:
Reino: Animal Filo: Cordados Clase: Aves Orde: Charadriformes
Familia: Charadridae Xénero: Charadrius
A píllara papuda é unha ave pequena, cun tamaño semellante ao dun merlo pero máis estilizada. Aliméntase en zonas de influencia de marea e aniña preto das dunas, o que a fai moi fráxil no proceso de cría.
ANABAM leva anos deseñando un plan especial de protección para este proceso. Precisamente con motivo do programa de protección dos niños de Píllara Papuda que leva a cabo na praia de Camposancos, a Asociación de Artístas da Natureza, prestouse a colaborar con esta asociación nunha campaña de divulgación desta especie a través dunha exposición de cadros centrada expresamente nesta que vive nas zonas dunares da desembocadura do río Miño.
A inaguración será hoxe, sábado, día 2 de agosto no centro Cultural ás 21:00 horas e poderá visitarse de luns a venres de 9:00 a 15.00 e de 19:30 a 21:30, e os sábados de 10:00 a 13:00. Rematará o día 11 de agosto.
Anímovos a que pasedes polo Centro Cultural.
NOVO ENLACE: SEGURIDADE VIAL

Número 191 da Revista TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL
Dende hai 14 anos, veño recibindo na miña casa a Revista "TRAFICO E SEGURIDADE VIAL" que edita a Dirección Xeral de Tráfico. Os contidos son moi variados e interesantes que van dende noticias, preguntas, coches, motos e incluso test para exames de ciclomotor entre outra moitas cousas.
Hoxe en día é imposible recibila para novos suscriptores, polo que é unha boa opción acceder a ela mediante a páxina que ten a mesma en internet.
Se queres botarlle un vistazo pincha en REVISTA TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL, aínda que dende hoxe podes facelo dende o acceso directo nesta páxina en ENLACES.
UNHA NOVA FERRAMENTA PARA TODOS

Hai uns días, a editorial Ir Indo presentou en Santiago de Compostela a versión electrónica da Enciclopedia Galega Universal. Conta con 200.000 entradas, 20.000 ilustracións e 100 millóns de caracteres.
A Enciclopedia Galega Universal acolle en Internet os 16 volumes da edición física, posta en marcha a finais de 1990. Léxico xeral, biografías, xeografía, cartografía, ciencias biolóxicas, ciencias físicas e exactas, tecnoloxías, ciencias sociais e humanidades, lexislación, xurisprudencia, empresas e finanzas son as categorías nas que a EGU divide os contidos. A páxina incorpora tradutor automático a castelán, inglés e portugués.
¡E todo no noso idioma!
A súa dirección é www.egu.es aínda que nesta páxina sempre terás un enlace directo con ela, pois posibilita moitas activides escolares, xa que non olvides que é unha enciclopedia de consulta.
Se queres botarlle unha ollada pincha en Enciclopedia Galega Universal ou ben no enlace que atoparás na páxina principal do blog.
LETRAS GALEGAS 2009

Ramón Piñeiro López naceu en Láncara (Lugo) en 1915. Cursa Bacaharelato en Lugo. Participa na creación da Mocedade Galeguista de Lugo, sendo elixido secretario de Cultura (máis tarde chegaría a desempeñar o cargo de presidente). Comenza así a súa actividade política que o levará a exercer en 1936 como secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía organizado polo Partido Galeguista.
Despois da guerra civil comeza a cursar Filosofía e Letras en Compostela e Madrid, estudios que abandonará máis preocupado pola reagrupación clandestina do galeguismo, sendo designado como representante galego para tratar co goberno republicano exiliado en Francia. Estivo na cadea 3 anos dos 6 a aque foin condenado. Xa libre, voltará a Galicia e dende entón vaise esforzar en mudar radicalmente a estratexia galeguista, prescindindo da opción política e reducíndoa cara á intervención cultural. En 1950 funda en Vigo Galaxia a primeira iniciativa editorial galeguista de posguerra. Como director desta empresa e codirector da revista Grial, Piñeiro dedicarase á promoción e difusión da cultura galega.
No ano 1967 ingresa na Real Academia Gallega cun discurso titulado A lingoaxe i as língoas (1967). Xa en época democrática sae eleito deputado independente do Parlamento de Galiciaapolas listas do PSdeG-PSOE e desde 1983 até a súa morte, acontecida en Compostela en 1990, Ramón Piñeiro será presidente (o primeiro) do Consello da Cultura Galega.
A súa obra non é moi abundante, e céntrase, na súa totalidade, na que se deu en chamar "filosofía da saudade". Así, a comezos dos 80, publicou Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade. Tamén destacan as súas traducións, en colaboración con Celestino Fernández de la Vega, das obras de Pokorny e Heidegger, que supuxeron no seu momento, segundo a RAG, "un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua "rural e poética" na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra.
Tamén desenvolveu un importante labor ensaístico (recollido parcialmente nos libros Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas e Lembrando a Castelao), onde reflectiu o seu pensamento, salientando a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como camiño fundamental para a súa realización como pobo.
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2008/2009

No Diario Oficial de Galicia do pasado 5 de xuño, publiase o calendario escolar para o próximo curso escolar.
Os apectos máis salientables son:
* O curso comenzará o 1 de setembro (entre o 1 e 4 realizaranse os exámenes extraordinarios).
* As clases comenzarán o 18 de setembro e rematarán o 23 de xuño.
* As vacacións de Nadal irán do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos os dous días inclusives.
* As vacacións de Entroido serán o 23, 24 e 25 de febreiro.
* Día do Ensino o 20 de marzo.
* As vacacións de Semana Santa dende o 6 ao 13 de abril, ambos os dous días inclusives.
Se queres coñecer polo miúdo o calendario pincha en Calendario Escolar curso 2008/2009
CALENDARIO DE EXAMES

A partir de hoxe, 1 de xullo, están expostos no taboleiro de anuncios e cristaleiras do IES o calendario de exames das probas extraordinarias de setembro. De calqueira xeito indico ás referentes á mina materia, tal como quedie con vós:
1 de setembro: CCNN pendientes de cursos anteriores.
13:00 a 14:30: CCNN 1º e 2º ESO nas aulas 4 e 3 respectivamente.
2 de setembro: CCNN 1º e 2º ESO
8:30 a 10:00 no Laboratorio de Química (Aula 7)
Avaliacións: 1º ESO (3 de setembro) 2º ESO (4 de setembro)
Entrega de notas 5 de setembro ás 13:30 horas.
TEXTOS CN PARA O PRÓXIMO CURSO

Libro novo de CN de 2º ESO
Os textos na materia de Ciencias Naturais para o próximo curso serán os seguintes:
1º E.S.O.: Continuase co mesmo libro do ano pasado. 
Ciencias da Natureza 1
S. Balibrea, M. Reyes, A. Álvarez, A. Sáez, J. M. Vílchez
Grupo ANAYA S.A.
Madrid 2007
Texto en Galego ISBN: 978-84-667-5975-5
2º E.S.O.: LIBRO NOVO. 
Ciencias da Natureza 2
S. Balibrea, M. Reyes, A. Álvarez, A. Sáez, J. M. Vílchez
Grupo ANAYA S.A.
Madrid 2008
Texto en Galego ISBN: 978-84-667-7041-5
Estes libros formarán parte dos fondos da Biblioteca do Centro, polo que serán prestado á cada alumno-a durante o curso.
MODIFICACIÓN NA AVALIACIÓN NA ESO
O Diario Oficial de Galicia do pasado 24 de xuño, modifica a Orde pola que se regula a avaliación en ESO (21 de decembro de 2007).
Esta modificación consiste en que un alumno cunha materia suspensa en varios curso coa mema denominación, a efectos de promoción e titulación, contaba só como unha materia suspensa. Dende agora considerarase como materias suspensas tanto as materias do curso, como as dos anos anteriores.
Se queres coñecer polo miúdo esta modificacion pincha en:
Modifición Modificación avaliación ESO
Orde que regula a avaliación en ESO Orde reguladora avaliación ESO
PERÍODO DE MATRICULA NA ESO
Xa está aberto o prazo de matrícula para alumnos-as de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, sempre que aprobaran todas as materias en xuño. Os alumnos-as con algunha materia suspensa farano en setembro, despois de recibir as cualificacións.
Este período de matricula remata o 10 de xullo. A documentación que terán que presentar, pola mañá, en Secretaria é:
* Fotocopia do DNI.
* Dúas fotografías.
* Impreso cumprimentado da matrícula (recollelo previamente no IES).
* Xustificante de pago do Seguro Escolar (pagado previamente en Caixanova). Este apartado só para alumnos de 3º e 4º da ESO.
SÁIDA DE 1º ESO Á PRAIA DA LAMIÑA

Fotografía do grupo facilitada por Irika S.M.
Hoxe, 17 de xuño, nun día radiante os alumnos-as de 1º ESO do noso Centro fixeron actividades na praia da Lamiña (Camposancos). Despois dun percorrido a pé ata o lugra de 45 minutos comenzaron as actividades:
- Busca do tesouro por grupos.
- Actividades de E.F e CN alternas de dous en dous grupos.
- Parte final de baño e bocata.
Ás 13,15 regresamos, chegando as 14 horas ao IES.
¡Un día a repetir!
PREMIOS CLIMÁNTICA

Tres alumnos de 2º de ESO deste centro: Estefania González, Patricia Álvarez e Sara Márquez foron convidados ao I Congreso de Climántica, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de xuño, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
O motivo é a presentación dun traballo que leva por título: UN DÍA NA VIDA DUNHA ÁRBORE.
Estes alumnos-as foron coordinados polo seu profesor de C. Naturais Miguel Trigo, pertencente a Axenda 21EG do centro.
O seu traballo (narrativa) sera publicado na revista CLMNTK. No seu momento, pois será presentado no citado congreso, publicaremolo nesta páxina.
AVALIACIÓNS

O curso está a piques de rematar. Reséñase o calendario desta última avaliación:
Probas da 3ª avaliación:
1ºA ESO 18 de xuño, mércores
1ºB/C/D 19 de xuño, xoves
Remate das clases: 20 de xuño, venres.
Avaliacións:
1ºA ESO 23 de xuño, luns
1ºB/C/D 24 de xuño, martes
2ºC1 24 de xuño, martes
Entrega de notas: 25 de xuño, mércores ás 10 horas.
AULAFORO

Eva Luna e Alfonso paseando por Madrid
Dous alumnos do noso IES: Eva Luna Morano Uris e Alfonso Español Losada de 3º B ESO, en represantación dos alumnos-as que participaban na AULAFORO de Caixa Madrid, viaxaron a Buitrago de Lozoya (Madrid) onde participaron con outros rapaces e rapazas de 25 centros de Extremadura, Illas Canarias, Baleares, Galicia e Castela-A Mancha, nunha intensa fin de semana (9 ao 11 de maio) chea de coloquios, grupos de traballo, debates e como non outras actividades de lecer e culturais. Foron acompañados por Miguel Trigo (Profesor do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía e membro da A21EG, á que esta ligada a actividade).
AULA FORO é un proxecto educativo que fomenta a práctica de hábitos democráticos na escola: informarse, preocuparse polo mundo no que vivimos, debatir cuestións que nos afectan e votar con hábitos propios das sociedades democráticas. En resumo unha temática ambiental e de consumo responsable dentro da palabra clave: participación.
Agora, de volta e con enerxías e coñecementos renovados, teñen a oportunidade e a responsabilidade de transmitir aos seus compañeiros e compañeiras todo o aprendido nestes días.
BALEA EN OIA

Foto: J. Lores
Na pasada fin de semana, entre as rochas de "O Serrallo" de Viladesuso (Santa María de Oia) atopouse un cetáceo duns 5 m de loxitude en estado de descomposición.
9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

O 9 de maio de 1950, Rober Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas. Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea. O 9 de maio converteuse no símbolo europeo (Día de Europa) que, xunto coa bandeira, o himno, o lema e a moeda única (o euro) identifican a entidade política da Unión Europea. No Día de Europa celébranse actividades e festexos que achegan Europa aos seus cidadáns e irmandan os distintos pobos da Unión.
Se queres coñecer polo miúdo esta celebración pincha en :EUROPA - O portal da Unión Europea
PROFES DE A GUARDA PREMIADOS

O pasado venres, 25 de abril, tivo lugar no salón de actos da Consellería da Presidencia, a entrega conxunta dos Premios de Innovación Educativa 2007, cos que foron galardoados distintos profesores que exercen na Guarda, concretamente na “Escola de Educación Infantil” da Gándara e no “IES A Sangriña.
Se queres coñecer o contido deste acto e os galardonados, pincha na seguinte dirección correspondente a galicia suroeste:Premiados
COLISIÓN ENTRE GALAXIAS

Foto NASA/ESA
A NASA e a ESA celebran o aniversario do "Hubble" coa publicación de fotografías da colisión entre galaxias.
O telescopio espacial "Hubble" está situado nos bordes exteriores da atmosfera, a 593 km sobre o nivel do mar, en órbita circular ao redor da Terra que tarda en recorrella entre 96 e 97 minutos. Foi posto en órbita o 24 de abril de 1990 como un proxeto conxunto da NASA e da ESA.
¿QUERES IR DE CAMPAÑENTO Á LANZADA ESTE VERÁN?

Esta é a pregunta: ¿Queres ir unha semana de campamento á praia da Lanzada este verán? Se a resposta é SI, só tres cousas:
- Ter data de nacemento entre o 1995 e o ano 2000.
- Facer a solicitude.
- E pagar só 68 €.
¿Segues a estar interesado/a?
Entón consulta todos os datos, prazos, material, formularios, quendas, etc... pinchando en
NOVA PLANTACIÓN DE ÉRBEDOS ORGANIZADA POR ANABAM

Organizada por ANABAM (Organización Naturalista do Baixo Miño), o próximo sábado, día 29, ás 16:45 horas da tarde, realizarase unha nova plantación de érbedos (Arbutus unedo L.), co fin de preservar unha das volvoretas máis fermosas de Galicia.
Se estás interesado en participar pincha en PLANTACIÓN ÉRBEDOS
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG (IV)

3º PREMIO COMPARTIDO: "Capricho natural" de Ramón Jesús Carballo de Santiago, alumno de 1º ESO A (Diploma en Pen Drive)
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG (III)

3º PREMIO COMPARTIDO: "A beleza das pequenas cousas" de Laura Lago Fernández, profesora de L. Castelá (Diploma e Pen Drive)
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG (II)

2º PREMIO: "Cabalo" de Ana Belén Sollerio da Cunha, alumna de Ciclo Superior de Administración e finanzas ( Diploma e MP3)
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG

(Diploma e cámara dixital)
VOLUNTARIOS PARA ANAMAB

AXUDAS PARA MERCAR UN ORDENADOR

Os que estedes interesados en adquirir un ordenador, a Xunta de Galicia acaba de publicar axudas para este concepto.
Toda a normativa, documentación e modelo de solicitúde tédelo no enlace PORTAL EDUCATIVO ou ben pinchando en axudas ordenadores
NOVO ENLACE: PORTAL EDUCATIVO

ALUMNOS-AS DE CONSERVATORIO

Recentemente foi publicada a normativa de avaliación para a obtención do título profesional, con novas como as probas de setembro, etc. Sei que hai noitos alumnos-as dos IES que estades a cursar estudios no conservatorio de grado medio (que ao rematalo obteredes o título de profesional) en Tui, Vigo en Ponteareas. Penso que é de interés que coñezades esta normativa.
Se así o queres pincha en:TÍTULO PROFESIONAL MÚSICA
PROBLEMA RESOLTO
DÍA A DÍA
FÚTBOL: COPA COCA-COLA

Para conseguilo tiveron que gañarlle na final ao equipo do IES de Beade, chegando á tanda de penaltis por morte súbita. Citar tamén que o noso porteiro, Jaro videira García, foi nomeado mellor porteiro.
CALENDARIO 2ª AVALIACIÓN



AMPLIACIÓN DE PRAZO

O I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA convocado pola AXENDA 21 ESCOLAR do IES A Sangriña, amplia o prazo de presentación ata finais deste mes de febreiro.
Esperamos que deste xeito se incremente notablemente o número de participantes. ¡PARTICIPA!
Recordamos as bases:
Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).
Datas de presentación: Entre o 1 de decembro e o 15 de febreiro. AGORA ATA FIN DE FEBREIRO.
Temática: Paisaxe (natural e humanizado), impacto ambiental, patrimonio artístico, denuncia medioambiental, feismo, e todo o que que teña que ver co medio ambiente, sempre circunscrito á Comarca do Baixo Miño.
Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Sería aconsellable que tamén se presente en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.
Cada fotografía ira acompañada dun título e un pequeño texto ou pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.
Entregarase nun sobre e compañánda doutro cerrado que conteña o nome e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.
O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.
Exposición e resultados: Desde o 3 ao 7 de marzo haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación en urna (1 por persoa na que aparezan 2 números distintos correspondentes a 2 fotografías) en horarios que se farán públicos entre o 3 e 7 de marzo, días da exposición. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo pen drive.
Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:
1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.
2º clasificado – Diploma e un MP3.
3º clasificado- Diploma e pen drive.
A entrega de premios será o último día de clase do 2º trimestre, 14 de marzo.
Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.
As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.
¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!
NOVIDADES NA AVALIACIÓN DA E.S.O.
* Os resultados das avaliacións terán unha escala numérica do 1 ao 10, desaparecendo o 0.
* Avaliación inicial, a principio de curso, para todos os curso, ata agora só para 1º e 3º.
* Medidas de atención á diversidade para favorecer a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o proceso educativo.
* O Proxecto Interdisciplinar (P.I.) será obxecto de avaliación que proporcionará unha información cualitativa, non cuantitativa.
* O alumnado promocionará ao seguinte curso cando supere os obxectivos de todas as materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas como máximo, repetindo curso cando teña tres ou máis materias avaliadas negativamente. Excepcionalmente, un alumno con tres materias suspensas podera promocionar se o equipo docente considera que a natureza das dificultades non lle impide seguir con éxito o curso seguinte, que ten espectativas favorables de recuperación e que dita promoción beneficiará a súa evolución académica.
*No cómputo das materias para efectos de promoción, consideranse tanto as materias non superadas do propio curso como as dos anteriores. Para estes efectos computaranse como unha única materia as de diferentes cursos que teñan a mesma denominación. O P.I. non computará.
* A materia de ciencias da natureza do 3º curso, desdobrarase en bioloxía e xeoloxía por un lado e física e química por outro, pero manterá a efectos de promoción o seu caracter unitario.
* O alumnado que promocione sen ter superado todas as materias seguirá un programa de reforzo.
* Os alumnos-as con altas capacidades poderá permanecer menos tempo no ciclo.
* O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e, con carácter xeral, dúas veces como máximo toda a etapa. Excepcionalmente, o alumnado poderá repetir unha segunda vez o cuarto curso se non repetise nos cursos anteriores.
*O alumnado ao remate da ESO que supere todas as materias titulará. Así mesmo, poderán titular aqueles que, finalicen a etapa con avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente tres, sempre que o equipo docente considere que o peso e a natureza destas non lle impedíu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.
* O alumnado con maís de 18 anos, que fose proposto parta o tíulo, que teña avaliación negativa ata un máximo de 5 materias disporá de 2 anos para obter mediante probas anuais para superalas.
* Ao finalizar o 2º curso todos os centros realizarán unha avaliacuión diagnóstico das competencias básicas alcanzadas polo alumnado. Esta proba farase por 1ª vez o próximo curso2008/2009.
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA (VERÁN 2008)

ACTIVIDADE DE REUTILIZACIÓN DE ANABAM
MERCADIÑO/TROCO
REDUCIR -REUTILIZAR
RECICLAR

Unha nova sección nace en ANABAM coa idea de evitar o malgasto e a cultura de tirar.
Moitas das cousas que a un non lle serven, poda que sexa útil a outros. Así que, nesta sección podedes enviarnos as vosas propostas de adquisición, doazón, intercambio.
INTERASDOS PINCHAR EN: ANABAM
O MUNDO DAS ÁRBORES: EXPOSICIÓN

A exposición está formada por máis dunha trintena de paneis fotográficos de gran formato, ademais de mostras de cortes de madeira, nas que se poden apreciar os aneis de crecemento e detalles da casca, ou un sementeiro, entre outros elementos.
Cada fotografía vai acompañada dun texto no que se describen os aspectos máis importantes de cada árbore e algúns dos datos máis singulares como as súas dimensións, enfermidades, pragas, crecemento e usos tradicionais.
Próxima exposición:
-
Concello de A Guarda
Centro Cultural - Sala de Exposicións de A Guarda
R/ Rosalía de Castro, s/n
Datas: do 15 ao 31 de xaneiro de 2008
Horario: de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas
DE VOLTA
.ROUTEIRO POLA DESEMBOCADURA DO MIÑO

ANABAM, organiza un routeiro pola desembocadura do río Miño. Será o próximo 5 de xaneiro (sábado) e o punto de saída é a Estación Ornitolóxica de Camposancos ás 10,30 horas.
Para máis información sobre esta actividade pincha en:ROUTEIRO
NOTAS DA 1ª AVALIACIÓN
desta 1ª avaliación especificadas (probas, libreta, prácticas, negativos, proba de avaliación e nota definitiva). Lembrade que entre paréntese aparece a nota redondeada que sairá no boletín de cualificación que se entregarán o venres 21 ás 11 horas na vosa aula de referencia polo profesor/a titor/a.CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21

I CONCURSO DE FOTOGRAFIA AXENDA 21 ESCOLAR
Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).
Datas de presentación: Entre o 1 de decembro e o 15 de febreiro.
Temática: Paisaxe (natural e humanizado), impacto ambiental, patrimonio artístico, denuncia medioambiental, feismo, e todo o que que teña que ver co medio ambiente, sempre circunscrito á Comarca do Baixo Miño.
Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Sería aconsellable que tamén se presente en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.
Cada fotografía ira acompañada dun título e un pequeño texto ou pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.
Entregarase nun sobre e compañánda doutro cerrado que conteña o nome e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.
O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.
Exposición e resultados: Desde o 3 ao 7 de marzo haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación en urna (1 por persoa na que aparezan 2 números distintos correspondentes a 2 fotografías) en horarios que se farán públicos entre o 3 e 7 de marzo, días da exposición. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo pen drive.
Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:
1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.
2º clasificado – Diploma e un MP3.
3º clasificado- Diploma e pen drive.
A entrega de premios será o último día de clase do 2º trimestre, 14 de marzo.
Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.
As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.
¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!
CALENDARIO 1ª AVALIACIÓN
1ªAVALIACIÓN

21 de decembro.
7 de decembro (venres).COMUNICADO

no que tedes a vosa disposición, con actualizacións periódicas, o seguemento da vosa marcha no curso, tamén para consulta dos vosos pais
.DATAS COMENZO DE CURSO
19 DE SETEMBRO (Mércores)
11:00 Presentacións de 1º e 2º de E.S.O.
20 DE SETEMBRO (Xoves)
11:00 Presentación de 3º, 4º E.S.O. e 1º, 2º Bacharelato.
16:30 Presentación PGS, EPA e Bacharelato nocturno.
21 DE SETEMBRO (Venres)
8:20 Entrega de horarios (Tutor) e seguidamente clases cos diferentes profesores.
24 DE SETEMBRO (Luns)
Festa Local (Non clase)
25 DE SETEMBRO (Martes)
11:00 Presentación Ciclos Formativos
O TEMPO - ENLACES
Neste apartado poño á vosa disposición dous ENLACES PERMANENTES sobre o tempo e a súa previsión.
O primeiro a nivel de GALICIA , no noso idioma:
O segundo a nivel MUNDIAL, en alemán, polo que precisades algúns pasos. Póñovos o caso común para consultar chuvias en galicia:(Pinchar EUPOPA en verde, pinchar Niederschlang en amarelo e usar numeracións en amaraelo de horas (son de 6 en 6 horas). En caso de querer ter unha idea das precipitacións durante a semana pinchar en Niederschlang panel 24 h en amarelo) Por suposto tedes outras aplicacións como temperaturas, ventos, etc. So fai falta fuchicar un chisco. Penso que é moi fiable.
Wetter : Wetterzentrale : Top Karten : Prognose - GFS Europa
Aínda que hoxe aparecen aqui os enlaces, tédelos sempre na parte dereita da páxina en ENLACES: O TEMPO GALICIA e O TEMPO NO MUNDO.
