COSMOS II
Galaxia de Andrómeda
As galaxias:
As galaxias son acumulacións xigantes de estrelas, gases e po.
No Universo hai centenas de miles de millón. Cada galaxia pode estar formada por centenas de miles de millóns de estrelas e outros astros. No centro das galaxias é onde se concentran máis estrelas.
Cada corpo dunha galaxia móvese a causa da atracción dos outros. En xeral hai, tamén, un movemento máis amplo que fai que todo xunto xire ao redor do centro.
A Vía Láctea é a nosa galaxia
Os romanos chamárona "Camiño de Leite", que é o que significa via lactea en latín.
O Sistema Solar está nun dos brazos da espiral.
A Via Láctea é unha galaxia grande, espiral e pode ter uns 100.000 millóns de estrelas, entre elas, o Sol. En total mide uns 100.000 anos luz de diámetro e ten unha masa de máis de dous billóns de veces a do Sol.
Fontes: www.astronomía.com e propias.
0 comentarios