TERREMOTOS E TSUNAMIS
Ata dezaoito seísmos sacudiron a illa indonesia de Sumatra entre onte e hoxe e causaron polo menos nove mortos e máis dunha centea de feridos, derrubamentos de edificios, incendios e causar o pánico entre a poboación. A réplica máis forte acadou os 7,9 graos na escala de Richter. As autoridades indonesias activaron ata en cuatro ocasións a alerta ante o risc de tsunami.
¿Que é un terremoto e un tsunami, e como se produce?
Un terremoto, sismo ou movemento sísmico son sacudidas bruscas do terreo de intensidade variable e de curta duración.
Aínda que poden ter causas diversas, a maior parte dos sismos orixínanse polas vibracións que se producen cando grandes masas de rochas ríxidas do interior da codia terrestre se fracturan bruscamente tras seren sometidas a enormes presións.
O hipocentro ou foco sísmico é o punto do interior da Terra onde se produce o terremoto. O punto da superficie onde primeiro se recibe o terremoto é o epicentro.
O hipocentro ou foco sísmico é o punto do interior da Terra onde se produce o terremoto. O punto da superficie onde primeiro se recibe o terremoto é o epicentro.
De forma similar as ondas concéntricas que se forman cando guindas unha pedra a un estanque, as vibracións que se producen nos terremotos tamén se propagan polas rochas en forma de ondas, que se denominan ondas sísmicas. Algúns tipos de ondas sísmicas viaxan polo interior da Terra, mentres que outros se propagan pola superficie. Estas ondas superficiais son as responsables dos efectos devastadores dos terremotos. As ondas son rexistradas cun instrumento moi preciso denominado sismógrafo e que elabora un gráfico chamado sismograma.
Os movementos sísmicos mídense pola súa intensidade (Medida subxectiva, baseada nas sensacións percibidas polas persoas durante a sacudida e nos efectos que produce o movemento sísmico no terreo e nas construccións humanas. A escala empregada é a de Mercalli con 12 graos de intensidade, expresados en números romanos) e pola magnitude (Que mide a cantidade de enerxía que libera o sismo. A magnitude mídese coa escala de Richter, que non ten límite superior. No caso que nos ocupa falamos de 7,9 graos).
Se o sismo se produce baixo o mar, as vibracións poden formar unhas ondas enormes, denominadas tsunamis, que arrasan ás poboacións costeiras.
Para que quede todo o dito anteriormente máis claro, pincha na seguinte animación:
Sociedad en ELPAIS.com
0 comentarios