Blogia
vgomez

COSMOS III

COSMOS III

Protuberancias solares

 

AS ESTRELAS

Son corpos celestes que brilan emitiendo luz propia.

En termos xerais unha estrela está formada por unha esfera de gas que se mantén a elevadísimas temperaturas a causa dos procesos termonucleares que se desenvolven no seu interior.

As estrelas fórmanse como consecuencia da condensación de grandes nubes de gas e po existentes no Universo (nebulosas).

O seu combustible é o Hidróxeno (H) que nunha reacción termonuclear transfórmase en Helio (He), e outros elementos (C, O, Ca, Fe, Si, etc) e por suposto grandes cantidades de enerxía.

Polo seu tamaño as estrelas poden ser: xigantes, medianas e ananas. O Sol é de tipo medio.

Pola súa cor, as de maior temperatura (25.000ºC na súa superficie) vense azuladas e son moi luminosasa; se a temperatura rolda os 10.000ºC, vense brancas. O Sol, con 6.000ºC, é ameralo, e as de menor temperatura (3.000ºC), son vermellas.

Aínda que a simple vista as estrelas parecen ocupar posicións fixas unhas respecto doutras, non é certo; é un efecto debido ao seu afastamento. A estrela máis próxima a nós α-Centauri, está a 4 anos luz (a súa luz tarda 4 anos en chegar ata aquí). En realidade, as estrelas visibles, e tamén o Sol, móvense moi de présa, a razón de 72.000 km/h.


A NOSA ESTRELA: O SOL.

 

É a estrela máis próxima á Terra e o maior elemento do Sistema Solar. É unha estrela mediana (tamaño) e amarela (cor). A luz tarda, proximadamente, 8 minutos e medio en chegar ata nós. O Sol formouse hai 4.650 millóns de anos e ten combustible para 5.000 millóns máis. Despois, comenzará a facerse máis e máis grande, ata convertirse nunha xigante vermella.
Datos básicos O Sol A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 695.000 km. 6.378 km.
Periodo de rotación sobre o eixe de 25 a 36 días * 23,93 horas
Masa comparada coa Terra 332.830 1
Temperatura media superficial 6000 º C 15 º C
Gravidade superficial na fotosfera 274 m/s2 9,78 m/s2

 

 

* O período de rotación da superficie do Sol vai dende os 25 días no ecuador ata os 36 días preto dos polos. Pero dentro parece que todo xira cada 27 días.


O Sol (todo o Sistema Solar) xira ao redor do centro da Via Láctea, a nosa galaxia. Da unha volta cada 200 millóns de anos. Agora móvese cara a constelación de Hércules a 19 Km/s.

 

 

Fontes: www.astronia.com e propias.

0 comentarios