Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? III

Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é Jaya. O monte Jaya, tamén coñecido como monte Carstensz ou pirámide de Carstensz, é a montaña insular máis alta do mundo e o pico máis alto de Oceanía, na illa de Nova Guinea, con 4.884 metros de altura sobre o nivel do mar.​ Atópase nas montañas Sudirman, ao oeste da zona montañosa de Papúa, a metade oeste da illa principal de Indonesia que está nunha zona frecuentemente axitada por terremotos e maremotos.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é o maior río de Oceanía?

- Murray

- Darling

- Murrumbidgee

- Waikato

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: Scott Davis/es.wikipedia.org

0 comentarios