Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BULGARIA? VII

Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mt. Masula. O monte Musala é un complexo de cimas dos Balcáns, no suroeste de Bulgaria, que culmina a 2.925 metros, situado no parque nacional de Rila. Non só é o cume máis elevado de Bulgaria, senón tamén de toda a Península balcánica.


E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o río máis longo de Bulgaria, que se atopa integramente en territorio búlgaro?

- Maritsa

- Estrimón

- Ískar

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: caingram.info e es.wikipedia.org

0 comentarios