CANTO SABES DE BULGARIA? VIII
Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.
A contestación correcta á pregunta de onte é Iskar. Este río é, cunha lonxitude de 368 km, o río máis longo que discorre unicamente por Bulgaria, e é afluente pola dereita do río Danubio. É o segundo río máis longo da península Balcánica.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o lago máis grande de Bulgaria?
- Poda
- Mandra
- Vaya
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios