UN CURSO MÁIS
De novo ao "cole". Remataron as vacacións e a coller de novo a mochila (maleta)para comenzar un novo curso. Os amigos do curso pasado; posiblemente, os mesmos profesores pero un pouquiño maiores, como é o meu caso, algunha profesora/or novo que ten boa pinta (refírome ao aspecto físico, pois da clase aínda non houbo tempo de coñecelos), os mesmos conserxes e coas mesmas manías , o mesmo persoal de cafetería e secretaría e as mesmas aulas, aínda que sen tantas pegadas dos zapatos que quedaron imprensas o ano anterior, as mesmas mesas, sen dúbida, un pouco máis limpas porque as señoras da limpeza borraron con lixivia os grafitis que "ninguén" grabou en horas de aburrimento e un largo etc ...
En fin, lembranzas nostálxicas dunhas vacacións pasadas e a ilusión (nalgúns) e a curiosidade ante o curso que comenza (na maioría).
Tirando de papeis que gardo cando me toca ser titor (que por desgracia son moitas veces), collo un que leva conmigo xa moitos anos e que xa non me lembro pero penso que o collín dun caderno de Edicións Xerais (no que coincido plenamente) e que sempre mando (algunhas veces penso para que) aos pais/nais dos meus titorandos e que desta vez poño á vosa disposición pois son unhas reflexións, moi interesantes, e que o único que pretenden é como dicia o título des cadernillo é AXUDAR AOS FILLOS A ESTUDIAR CON ÉXITO, que neste caso non só é axudar aos fillos (por parte dos pais/nais), senón que vos axudedes a vós mesmos a estudiar con éxito.
¡Pois empecemos !
O éxito dun alumno depende da calidade do ensino que recibe, da intelixencia e o esforzo do propio rapaz, do seu método de traballo, pero tamén de factores ambientais e familiares que favorezan a súa inclinación cara o estudo.
Os pais son os primeiros educadores dos adolescentes. Non vale, polo tanto, descargarse de responsabilidades coa disculpa de que os profesores son os encargaddos de educar aos seus fillos e de esixirlles. Os pais de hoxe teñen que tomar parte activa na educación dos seus fillos, xunto cos profesores e o conxunto da sociedade.
A seguinte información pode contribuír a un mellor aproveitamento escolar dos alumnos.
1.- A BOA FORMA FÍSICA, PRIMEIRA CONDICIÓN
O estudo ou traballo intelectual é unha actividade psíquica, e como tal está condicionado á boa saude física, ao benestar corporal. Por iso é conveniente para os estudantes:
1.1. Descanso
- Durmir entre oito e nove horas.
- Deitarse a unha hora fixa.
- Suprimir ou reducir cando se poida os alimentos excitantes, como o alcohol, cafe, especias ...
- Cear cedo, inxerindo alimentos lixeiros e dixestivos.
1.2. Alimentación racional
- Dieta equilibrada, rica en fósforo, calcio e vitaminas.
- Dieta variada, a base de vexetais, peixe, carne, leite, ovos e froita.
- Será bo engadir á dieta diaria alimentos ricos en fibra (legumes, froita, cereias, etc...)
- É importante almorzar forte, xantar simplemente ben, merendar e cear pouco.
1.3. Exercicio físico
- Cómpre realizar algún exercicio físico de xeito moderado e habitual.
- Nunca se debe poñer como castigo ao alumno deixar de facer deporte ou exercicio (ao igual que non deixalos ler).
2.- O LUGAR DE ESTUDO
Entre os factores que afectan á eficacia na aprendizaxe o lugar de estudo inflúe máis do que comunmente se pensa.
2.1. Un lugar fixo e sen ruídos
É importante contar cun lugar fixo para o estudo, no que o alumno se sinta cómodo, decorado ao seu gusto, e lonxe do ruído. Ás veces, a radio, a televisión, a aspiradora, etc., provocan distraccións.
Estudar con música é o vicio dos estudantes de hoxe. Moitos pretenden enganarse a si mesmos dicindo que así se concentran mellor. Estudar con musica é desaconsellable, sobre todo se o traballo requira unha gran concentración mental. Sen embargo, nalgunhas actividades, como debuxar, pasar fichas ou apuntes a limpo, ou realizar traballos normais que requiren pouca concentración, unha música suave de fondo pode ser incluso aconsellable, porque mantén relaxado e distendido ao estudante.
2.2. Mobiliario
Son imprescindibles unha mesa, unha cadeira e andeis.
- A mesa disporá dun taboleiro cunha superficie mínima de 1 x 0,50 m.
- A cadeira terá unha altura proporcioal ao estudante e á mesa , e un firme respaldo para evitar posturas incorrectas.
- Os andeis situaranse a carón da mesa para que o alumno dispoña facilmente do material de consulta e de traballo.
- A mesa disporá dun taboleiro cunha superficie mínima de 1 x 0,50 m.
- A cadeira terá unha altura proporcioal ao estudante e á mesa , e un firme respaldo para evitar posturas incorrectas.
- Os andeis situaranse a carón da mesa para que o alumno dispoña facilmente do material de consulta e de traballo.
2.3. Iluminación
Aos destros a luz éntralles pola esquerda e aos zurdos pola dereita. É moi práctica unha lámpada articulada con bombilla azul de 60 w para reducir a fatiga da vista. Para evitar sombras, convén que o cuarto dispoña, tamén, doutra luz ambiental.
2.4. Temperatura e ventilación
-A temperatura adecuada para o traballo intelectual estímase ao redor dos 20ºC. O frío produce inquedanza e nerviosismo, mentres que a calor excesiva invita á inactividade.
- O cuarto de estudo debe ser ventilado con frecuencia.
- O cuarto de estudo debe ser ventilado con frecuencia.
3.- AMBIENTE FAMILIAR PROPICIO
O ambiente familiardos alumnos que acadan mellores notas, a miúdo, caracterízase por:
- Unidade de criterio entre os pais á hora de esixir aos seus fillos disciplina e responsabilidade.
- Firmeza no fundamental, con boas doses de comprensión e tolerancia. Ser firme non implica ser duro ou intransixente. O auroritarismo e a violencia nas expresións ou no comportamento non conducen a resultados poisitivos.
- Unidade de criterio entre os pais á hora de esixir aos seus fillos disciplina e responsabilidade.
- Firmeza no fundamental, con boas doses de comprensión e tolerancia. Ser firme non implica ser duro ou intransixente. O auroritarismo e a violencia nas expresións ou no comportamento non conducen a resultados poisitivos.
- Respecto sempre a un horario familiar máis ou menos flexible, a unhas normas de traballo afable e de conducta correta, e ao criterio dos demais.
- Comprensión e axuda, valorando o esforzo que se realiza o seu fillo para superarse cada día.
- Constancia á hora de esixir que os seus fillos cumpran coas súas responsabilidades. Non esquezan que os alumnos deberán ter un horario de estudo ao saír de clases. O ideal é que o alumno estudie no ensino secundario polo menos dúas horas diarias, durante os cinco días á semana e sempre á mesma hora.
- Constancia á hora de esixir que os seus fillos cumpran coas súas responsabilidades. Non esquezan que os alumnos deberán ter un horario de estudo ao saír de clases. O ideal é que o alumno estudie no ensino secundario polo menos dúas horas diarias, durante os cinco días á semana e sempre á mesma hora.
-Interese polas actividades do alumno, polo seu rendemento durante o curso e polas dificultades que ao longo do mesmo poida experimentar.
Se pais e alumnos aplicamos estes consellos, penso, que as cousas marcharían mellor, salvo casos puntuais, que os hai.
¡BO CURSO E SORTE PARA TODOS!
0 comentarios