Blogia
vgomez

NOVIDADES NA AVALIACIÓN DA E.S.O.

O pasado 7 de xaneiro, o DOGA publicou a Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Nela hai variacións con respecto ao curso pasado. Entre elas hai que destacar:
* Os resultados das avaliacións terán unha escala numérica do 1 ao 10, desaparecendo o 0.

* Avaliación inicial, a principio de curso, para todos os curso, ata agora só para 1º e 3º.

* Medidas de atención á diversidade para favorecer a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o proceso educativo.

* O Proxecto Interdisciplinar (P.I.) será obxecto de avaliación que proporcionará unha información cualitativa, non cuantitativa.

* O alumnado promocionará ao seguinte curso cando supere os obxectivos de todas as materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas como máximo, repetindo curso cando teña tres ou máis materias avaliadas negativamente. Excepcionalmente, un alumno con tres materias suspensas podera promocionar se o equipo docente considera que a natureza das dificultades non lle impide seguir con éxito o curso seguinte, que ten espectativas favorables de recuperación e que dita promoción beneficiará a súa evolución académica.

*No cómputo das materias para efectos de promoción, consideranse tanto as materias non superadas do propio curso como as dos anteriores. Para estes efectos computaranse como unha única materia as de diferentes cursos que teñan a mesma denominación. O P.I. non computará.

* A materia de ciencias da natureza do 3º curso, desdobrarase en bioloxía e xeoloxía por un lado e física e química por outro, pero manterá a efectos de promoción o seu caracter unitario.

* O alumnado que promocione sen ter superado todas as materias seguirá un programa de reforzo.

* Os alumnos-as con altas capacidades poderá permanecer menos tempo no ciclo.

* O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e, con carácter xeral, dúas veces como máximo toda a etapa. Excepcionalmente, o alumnado poderá repetir unha segunda vez o cuarto curso se non repetise nos cursos anteriores.

*O alumnado ao remate da ESO que supere todas as materias titulará. Así mesmo, poderán titular aqueles que, finalicen a etapa con avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente tres, sempre que o equipo docente considere que o peso e a natureza destas non lle impedíu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

* O alumnado con maís de 18 anos, que fose proposto parta o tíulo, que teña avaliación negativa ata un máximo de 5 materias disporá de 2 anos para obter mediante probas anuais para superalas.

* Ao finalizar o 2º curso todos os centros realizarán unha avaliacuión diagnóstico das competencias básicas alcanzadas polo alumnado. Esta proba farase por 1ª vez o próximo curso2008/2009.
Para consultar o texto íntegro da orde pincha en Avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

0 comentarios