Blogia
vgomez

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA
En 1992 a Asemblea das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebrase o Día Mundial da Auga.
Nun mundo que está cuberto nas súas dúas terceiras partes por auga, pode parecer un contrasentido mencionar que o difícil acceso a auga potable é a causa de einfermidades e miseria para 1.500 millóns de persoas.
Sen embargo esta é a realidade. A auga apta para o consumo humano (doce, potable e fácil acceso) é unha parte moi pequena do total e á súa vez non se debe só as condicións naturais de determinadas rexións, senón que ten moito que ver co aumento da poboación, o despilfarro e a contaminación.

Aquí van unha serie de consellos para aforrar auga:

* Repara as billas que goteen. Aforrarás unha media de 170 litros de auga ao mes.

* Cerra billa mentes te enxaboas as mans, te lavas os dentes ou te afeites. Por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto.

* Dúchate en lugar de bañarte, e cerra a billa mentres te enxaboas. Aforrarás unha media de 150 litros cada vez.

* Non utilices o váter como caldeiro do lixo. Coloca unha papeleira no baño.

* Utiliza cisternas de dobre descarga para gastar só a auga que necesites. Se a cisterna do teu cuarto de baño non é de dobre descarga, podes meter dentro unha ou varias botellas de plástico cheas: podes reducir o gasto de auga á metade.

* Compra electrodomésticos ecolóxicos e utilízaos sempre a carga completa (os programas de media carga gastan máis da metade). Unha lavadora pode gastar ata 90 litros cada vez que a utilizas (según as marcas e modelos). Un lavalouzas, ao redor de 30.

* Non deixes a billa aberta para que se arrefríe a auga, xa sabes que por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto. Acostuma a poñer unha xerra ou botella na neveira.

* Emprega cuncas, barreños para lavar a froita, a verdura, os pratos, os cacharros... Se tes un fregadeiro de dúas cubetas, usa unha para enxaboar e a outra para aclarar.

* Rega as plantas ao anoitecer e ao amencer e eveitarás pérdidas de auga por evaporación. Aproveita para regar a auga sobrante das xerras de comida, de lavar as verduras... Recolle a auga da ducha fría antes de que salga a quente e poderás aproveitala para o rego.

* Emprega sistemas automáticos de rego por aspersión ou por goteo. Evita utilizar a mangueira. O uso de plantas autóctonas en xardinaría axuda ao aforro e mantemento dos nosos xardíns.

Este ano adícase especialmente ao saneamento das augas (que comprende o manexo sanitario da auga potable, as augas residuais e excretas, os resíduos sólidos e o comportamento hixiénico que reduce os riscos para a saúde e prevén a contaminación.

Aínda que o Día Internacional da Auga é o 22 de marzo, este ano celebrouse o 20 de marzo.

 

0 comentarios