Blogia
vgomez

AULAFORO

AULAFORO

Eva Luna e Alfonso paseando por Madrid

Dous alumnos do noso IES: Eva Luna Morano Uris e Alfonso Español Losada de 3º B ESO,  en represantación dos alumnos-as que participaban na AULAFORO de Caixa Madrid, viaxaron  a Buitrago de Lozoya (Madrid) onde participaron  con outros rapaces e rapazas de 25 centros de Extremadura, Illas Canarias, Baleares, Galicia e Castela-A Mancha, nunha intensa fin de semana (9 ao 11 de maio) chea de coloquios, grupos de traballo, debates e como non outras actividades de lecer e culturais. Foron acompañados por Miguel Trigo (Profesor do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía e membro da A21EG, á que esta ligada a actividade).

AULA FORO é un proxecto educativo que fomenta a práctica de hábitos democráticos na escola: informarse, preocuparse  polo mundo no que vivimos, debatir cuestións que nos afectan e votar con hábitos propios das sociedades democráticas. En resumo unha temática ambiental e de consumo responsable dentro da palabra clave: participación.

Agora, de volta e con enerxías e coñecementos renovados, teñen a oportunidade e a responsabilidade de transmitir aos seus compañeiros e compañeiras todo o aprendido nestes días.

 

0 comentarios