Blogia
vgomez

FAUNA SALVAXE IX

FAUNA SALVAXE IX

O moucho común (Athene noctua)

O moucho común (Athene noctua) é unha ave rapaz nocturna. É un bufo pequeno duns 23-27.5 cm. de lonxitude. As ás abertas miden uns 50 cm. Aínda sendo da orde das aves de rapina nocturnas, é activo tamén de día.

O moucho común prefire vivir en zonas abertas con algunhas zonas arboradas, incluíndo xardíns con árbores vellas e hortas de árbores froiteiras. Precisa territorios con presas abundantes, ocos para agacharse de día e puntos para espreitar. É unha ave sedentaria que é moi fiel ao territorio e mesmo á súa parella.

Caza, preferentemente á noitiña ou de noite, invertebrados grandes (como escaravellos, miñocas e grilos), ratos, paxariños e lagartos e cobras pequenos.

Reprodúcese desde abril a xuño en furados, naturais ou feitos polos petos, de árbores e tamén en ocos nas rochas ou mesmo en construcións humanas. Poñen, en xeral, de 3 a 5 ovos, que choca exclusivamente a femia, ocupándose o macho da súa alimentación.

En Galicia é común en todo o territorio aínda que sufríu unha notable diminución nos derradeiros 20 anos.

Clasificación científica:

Reino: Animal

Filo: Cordados

Clase: Aves

Orde: Estrixiformes

Familia: Strigidae

Xénero: Athene

Especie: Athene nocturna

0 comentarios