Blogia
vgomez

LETRAS GALEGAS 2009

LETRAS GALEGAS 2009

  Ramón Piñeiro López naceu en Láncara (Lugo) en 1915. Cursa Bacaharelato en Lugo. Participa na creación da Mocedade Galeguista de Lugo, sendo elixido  secretario de Cultura (máis tarde chegaría a desempeñar o cargo de presidente). Comenza así a súa actividade política que o levará a exercer en 1936 como secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía organizado polo Partido Galeguista.


     Despois  da guerra civil comeza a cursar Filosofía e Letras en Compostela e Madrid, estudios que abandonará  máis preocupado pola reagrupación clandestina do galeguismo, sendo designado como representante galego para tratar co goberno republicano exiliado en Francia. Estivo na cadea 3 anos dos 6 a aque foin condenado. Xa libre,  voltará a Galicia e dende entón vaise esforzar en mudar radicalmente a estratexia galeguista, prescindindo da opción política e reducíndoa cara á intervención cultural. En 1950 funda en Vigo Galaxia  a primeira iniciativa editorial galeguista de posguerra. Como director desta empresa e codirector da revista Grial, Piñeiro dedicarase á promoción e difusión da cultura galega.

     No ano 1967 ingresa na Real Academia Gallega cun discurso titulado A lingoaxe i as língoas (1967). Xa en época democrática sae eleito deputado independente do Parlamento de Galiciaapolas listas do PSdeG-PSOE e desde 1983 até a súa morte, acontecida en Compostela en 1990, Ramón Piñeiro será presidente (o primeiro) do Consello da Cultura Galega.

A súa obra non é moi abundante, e céntrase, na súa totalidade, na que se deu en chamar "filosofía da saudade". Así, a comezos dos 80, publicou Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade. Tamén destacan as súas traducións, en colaboración con Celestino Fernández de la Vega, das obras de Pokorny e Heidegger, que supuxeron no seu momento, segundo a RAG, "un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua "rural e poética" na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra.

Tamén desenvolveu un importante labor ensaístico (recollido parcialmente nos libros Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas e Lembrando a Castelao), onde reflectiu o seu pensamento, salientando a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como camiño fundamental para a súa realización como pobo.

0 comentarios