Blogia
vgomez

¡UN LUXO!

¡UN LUXO!

Así poderiamos cualificar a posibilidade que tivemos onte de ver a MILLADOIRO en A Guarda.

Puntuais e cunha presentación coidada, o grupo Milladoiro fixo un percorrido amplo pola súa discografía. Levan máis de 25 anos actuando en escenarios de todo o mundo, sendo uns auténticos embaxadores da nosa cultura.

Xa hai anos, sobre 11, nun mes de maio, estiveron aquí e actuaron  en San Benito. Neses momentos eu estaba no novo Colexio "Manuel R. Sinde" impartindo  a incipiente ESO e compaxinando o que hoxe denominamos Primaria. Daquela tiñamos no Centro unha emisora de radio "Radio Papaventos" que emitía en FM. Inaguramos un 17 de maio, e a sección semanal de entrevista foi precisamente cun dos compoñentes de Milladoiro, feita polos rapaces da emisora no patio do Hotel san Benito.

 Milladoiro nace na  década dos setenta da unión da formación tradicional  "Faíscas do Xiabre", cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní, este último abandoa a formación no 2000 para seguir o seu camino por solitario, polo que é substituido por Manu Conde (guitarra) e Roi Casal (arpa celta).


En resumo, un luxo ter eses músicos en A Guarda. Pena de moitos que non puideron ou quiseron aprecialos.

0 comentarios