Blogia
vgomez

MENOS XEO NO ÁRTICO

MENOS XEO NO ÁRTICO

O ártico está apiques de acadar o máximo histórico de desxeo. Este é un feito que ven de ser confirmado polas imaxes do satélite Envisat difundidas esta semana pola Axencia Espacial Europea (ESA). Segundo o Centro Nacional de Datos sobre Neve e Xeo (NSDC) de Boulder (Colorado, EE.UU.), que monitorea día a día a rexión ártica, a capa de xeo ártico ocupa agora unha extensión de 5,2 millóns de quilómetros cadrados, só 430.000 máis que o ano pasado polas mesmas datas, e case 2 millóns de quilómetros cadrados menos que no período 1979-2000. Dado que o pico máximo de desxeo anual rexístrase sempre a mediados de setembro, alcanzar ou ata superar a perda do 2007 é máis que probable.

O paso do Noroeste, a ruta descuberta fai un século por Amundsen entre as illas máis próximas á costa este de Canadá que comunica o Atlántico e o Pacífico, é navegable desde hai semanas. Nos últimos días abriuse tamén a ruta máis directa e próxima ao Polo norte, pola canle de Parry e o estreito de McClure, que permanecía parcialmente selada polo xeo.

É a segunda vez en milenios que ocorre, sucedeu outra vez: fai só un ano.

0 comentarios