EN MAIO PROBA DE NIVEL EN 2º E.S.O
No curso que estamos a piques de empezar, 2008-2009 entra en vigor unha das novidades da Lei Orgánica de Educación (LOE ), que inclúe unha avaliación das competencias básicas do alumnado en dous cursos, cuarto de primaria e segundo de secundaria.
Moitos descoñeceredes o termo de competencia básica. Imos intentar aclaralo:
Competencia básica é a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contexto e situacións diversos, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas, é dicir que inclúe por un lado os saberes, as habilidades e as actitudes pero vai máis alá do saber e do saber facer, indo ao saber ser ou estar.
Establécense 8 competencias básicas:
1. Competencia en comunicación lingüística.
2. Competencia matemática.
3. Competencia no coñecemento e na integración co mundo físico.
4. Tratamemnto da información e competencia dixital.
5. Competencia social e cidadá.
6. Competencia cultural e artística.
7. Competencia para aprender a aprender.
8. Autonomía e iniciativa persoal.
Nas distintas materias do curriculo da ESO deben buscar os referentes que permitan o desenvolvemento e adquisición desas competencias básica. É dicir todas as materias teñen que axudar a conseguilas. Por exemplo, en matemáticas non só se tratar a competencia básica 2 (competencia matemática), trabállanse todas, para axudar a conseguilas co resto das materias.
Pois ven, en maio os alumnos de 2º de ESO terán unha proba de nivel das competencias básicas das materias de Matemáticas e Lingua. Será unha proba censal, é dicir, participará todo o alumnado do curso 2º ESO, sexan de centros públicos, concertados ou privados. Consistirán en preguntas tipo test, tanto semiabiertas como abertas. Estas probas servirán para coñecer como respira o sistema educativo e propor cambios para melloralo. Unha vez coñecida a avaliación, cada colexio terá que tomar as medidas oportunas para mellorar as competencias do seu alumnado nesas materias.
0 comentarios