Blogia
vgomez

Como non traspasar os teus medos aos teus fillos

Eva Bach, pedagoga, escritora e pioneira en educación emocional, comparte a súa experiencia como mestra para iluminar as carencias en comunicación e empatía: «saber moito non é suficiente». Cre firmemente que ensinar con sensibilidade forma mellores persoas. Como educar de verdade se non aprendemos a mirar e escoitar co corazón?

Coa calidez dunha boa mestra, convídanos a repensar a educación emocional e desmonta o que considera «disparates emocionais». Alerta sobre ideas simplistas como «pensa en positivo e todo irá ben», critica o efecto de influencers que reducen as emocións a «fast food» e propón ferramentas como a técnica do semáforo e traballar a autoestima e a empatía xuntas: «Es unha marabilla e o outro tamén o é».

Eva anímanos aos pais para traballar a nosa propia consciencia para non traspasar medos aos fillos. Convencida da educación como «un acto de amor», lémbranos quen son os verdadeiros mestres que deixan pegada: «aqueles que non só transmiten coñecemento, se non tamén afecto, emoción e calidez humana». 

0 comentarios