DESMONTANDO OS MITOS MÁIS PERSISTENTES SOBRE ANIMAIS (X)
Continúo coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.
Mito 10: Os cans refréscanse salivando en lugar de suar
Sen dúbida, paréceo. É verán, o noso can pegouse unha boa quenda de carreiras e agora senta arfando con medio metro de lingua fóra da boca. É certo que isto constitúe a súa vía principal para eliminar o exceso de calor do organismo. Pero non quere dicir que non súen.
Os cans teñen tres sistemas para arrefriarse: ao abrir a boca e deixar a lingua colgando, a auga eváporasr dela, e tamén das súas cavidades nasais e os seus pulmóns, todo o cal contribúe a rebaixar a súa temperatura corporal. O segundo sistema é a vasodilatación, que expande os seus vasos sanguíneos. E o terceiro é a suor, pero as súas glándulas sudoríparas difiren bastante das nosas: están situadas no fuciño e na planta das súas patas, e só unha mínima parte do exceso de calor elimínase por elas.
Os investigadores traballaron en pescudar cal é o sentido de ter unhas glándulas sudoríparas que serven de tan pouco. O motivo podería estar non na eliminación de calor, que a lingua realiza de forma moito máis eficaz, senón en mellorar o agarre das patas ao chan cando corren. En canto ás do fuciño, ao mantelo húmido auméntase a sensibilidade aos cheiros, xa de seu elevadísima en todas as razas caninas. Máis que unha axuda para refrescarse, sería un engadido para olfatear aínda mellor.
Continuará!
FONTE: Vicente Fernández de Bobadilla/muyinteresante.com Imaxe: rover.com.es
0 comentarios