É O MOMENTO MÁIS IMPORTANTE DA HISTORIA DA HUMANIDADE
Como o colibrí que carrexa auga co seu pico para apagar un incendio, Rosa Castizo predica co exemplo: vive sen xerar residuos e, a pesar do seu traballo internacional, hai anos que non viaxa en avión. Esta “cidadá consciente”, como lle gusta describirse a si mesma, é un referente internacional do desenvolvemento rexenerativo e da divulgación sobre o cambio climático.
Castizo coordina o Observatorio ‘A Rábida’ desde onde impulsa a transformación de políticas dos 22 países iberoamericanos a través de alianzas de desenvolvemento sostible e cambio climático. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade de Granada, formouse tamén na Universidade Complutense de Madrid, a Universidade de Sussex ou a prestixiosa Singularity University, orientando o seu traballo na intersección entre sustentabilidade, cooperación internacional, impacto social e innovación. Liderou proxectos en UNICEF, na administración pública e no terceiro sector. Actualmente, Castizo acompaña a organizacións e persoas a ter solucións máis rexenerativas para a súa día a día e está inmersa no proxecto ’Wakaya’ traballando na transformación dos sistemas alimentarios.
Os seus referentes: a natureza e as persoas maiores. “A natureza leva 3.600 millóns de anos sendo circular. Non existe o lixo na natureza, ten resiliencia para actuar e iso sérvenos moitísimo para aprender”, apunta. A forza contaxiosa de Rosa Castizo é capaz de mobilizar a institucións e individuos, así como fixese o colibrí da fábula cos animais do bosque. “Temos que pensar máis en colectivo, porque somos máis resilientes como grupo que como individuos de maneira concreta”, sentenza.
0 comentarios