Blogia
vgomez

A VOLTAS CO TRATADO DE BOLONIA

A VOLTAS CO TRATADO DE BOLONIA

Seguramente "Bolonia" (cidade do norte de Italia, tamén chamada "a cidade vermella " pola cor dos seus tellados e fachadas) fíxose moi popular ultimamente e pronunciar esta palabra soa a conflicto estudiantil.

A verdade é que hai moito descoñecemento sobre a denominada Declaración de Bolonia (firmada en 1999 nesa cidade por 29 países na que se pretendía facer unha Unión Europea Universitaria).

No afan de porme ao día sobre este tema, pois son afectado indirecto xa que teño dúas fillas na universidade en diferentes estadios (curiosamente unha delas xa leva cursando 3 anos de carreira seguindo ese plan), atopei unha explicación clarísima nun artigo de Susana Pérez de Pablos que publicou o diario El País. No citado artigo fai un resumo do que é e o que non é Bolonia que paso a resumir.

SI é BOLONIA:

1. As ensinanzas deben estructurarsee en Grao, Máster e Doutorado en toda A Unión Europea. Firmaron esta declaración 29 países.

2.- O obxectivo é a homologación das titulacións en toda a UE cara a facilitar a mobilidade de estudantes e profesores.

3.- Outro dos fins é clarificar a formación recibida polos alumnos de toda Europa á hora de buscar un traballo non paises membros da Unión, polo que os tíutulos deben incluír un suplemento ao diploma no que se especifique con detalle o cursado polo alumno.

4.- As ensinanzas estructúranse en créditos, chamados ECTS, que se obteñen non só polas horas de clase, senón tamén polo traballo realizado fóra da aula.

5.- Establece principios xerais, non entra en detalles.

NON é BOLONIA:

1.- O cambio das titulacións para convertir as diplomaturas, licenciaturas e enxeñerías (que eran entre 3 e 5 anos) en carreiras de 4 anos para o Grao, 1 ou 2, no caso dos Máster. Esta é unha decisión do Goberno español. Na maioría dos países estableceron o Grao en 3 anos e o Máster en 2.

2.- A Declaración de Bolonia non fala de privatización da Universidade. Anima aos países a buscar mecanismos para invertir máis nela, pero non detalla cales.

3.- O prezo das taxas das matrículas decídeos cada comunidade autónoma en función do abano que aproba a Conferencia Xeral de Política Universitaria, vinculada ao Ministerio de Cinecia e Innovación.

4.- A aposta por un tipo de ensinanza pública ou privada non ten que ver con Bolonia. En España, a financiación depende das comunidades autónomas.

Espero que con estas poucas ideas teñamos máis claro este tema tan controvertido.

0 comentarios