¿REIS OU MAGOS?
Na nosa cultura o Nadal leva consigo aparellado tres figuras que acudiron a adorar a Xesus e leváronlle tres presentes: ouro, incenso e mirra. Esas figuras son os Reis Magos de Oriente.
Un semanal ligado a un periódico nacional "El Pais" facía hoxe unha reflexión sobre estas tres figuras, preguntándose: ¿Existiron realmente? ¿Eran homes ou mulleres? ¿Cantos eran? ¿Eran reis realmente ou non? ¿De onde eran? ¿Seguiron unha estrela?
Tratarei de describir os aspectos máis salientables desta reportaxe histórica de Luis Miguel Ariza.
1º Na Biblia non se cita nin unha soa vez que eran reis. Os evanxeos falan "simbolicamente" de Magos, pero sen citar número e sexo. Investigando textos, as tradiciones antiguas suxiren que puideron existir ata doce. Foi o papa Leo o Grande (entre os anos 440 e 464 despois de Cristo) o que popularizou a idea de tres Magos", basándose nos tres regalos tan caros que trouxeron :ouro, incenso e mirra.
2º A procedencia non é clara. San Mateo refírese a eles como "magos"; un termo grego, magoi, que é o nome dunha tribu parta de orixe persa.
3º ¿E a estrela? Se existise confirmaría unha teoría de que eran astrónomos ou astrólogos, polo interés premoritorio dese astro. Pero curiosamente cítase que o obxecto brillante no ceo aparece dúas veces (para ir a Xerusalen e para sinalar Belén). Supoñendo que os magos fosen persas, terían que recorrer 1.500 km e, contando cos medios de locomoción daquela época, tardaría entre 2 e 12 meses o que suxire que a estrela de Belén puido ser una nova (resultado dunha explosión estelar) que durou uns dous meses e medio. Segundo outra teoría puido ser a conxunción dos planetas Xupiter e Saturno. Os atrónomos babilónicos rexistraron esa aproximación que durou 11 meses.
Como vedes pouco claro en todos os aspectos. De calquera xeito segue a perdurar o número 3 (tanto no número de figuras como de regalos), que eran magos (posiblemente persas) con coñecementos astronómicos e que a luz procedía posiblemente da conxunción de Xúpiter e Saturno.
Se queredes ler o toda a reportaxe pincha en Seguindo a pista dos Reis Magos
¡Maña será a noite de reis!
0 comentarios