A VÍA LÁCTEA
Vía Láctea, ese é o nome da nosa galaxia , tamén coñecida como Camiño de Santiago. En realidade é unha agrupación de100.000 millóns de estrelas en forma de espiral ou xirándula. Componse duns brazos espirais que xiran ao redor dun gran núcleo central. O noso Sistema Solar atópase entre dous brazos, nunha zoa pouco poboada de estrelas e ás aforas da mesma, a unha distancia do centro duns 30.000 anos luz. O tamaño da nosa galaxia é duns 100.000 anos luz.
Ata aquí é todo máis ou menos coñecido. A noticia é que na reunión anual da Sociedade Americana de Astrofísica, celebrada hai uns días en Long Beach (California-EEUU) presentouse os resultados dunha investigación do Centro de Astrofísica de Harvard-Smithsonian no que se confirma que a velocidade con que xira a nosa galaxía é moito máis do que se pensaba. Esta xira á velocidade, nada despreciable, de 965.000 km/h. Para obter este dato os científicos empregaron o radiotelescopio Very Long Baseline Array (VLBA), un conxunto de 10 antenas, distribuídas por todo o país, que conforman unha das maiores instalacións de observación dende a Terra.
Pero a noticia non queda só neso. Ese aumento de velocidade (estimada en 160.00km/h) con respecto a anterior, implica que a súa masa é moito maior e fai moito máis probable que colisionemos con outra galaxia, a máis próxima, a galaxia de Andromeda.
¡Pero non preocuparse, ... nun futuro moi lonxano!
0 comentarios