Blogia
vgomez

VISITA A OURENSE

VISITA A OURENSE

Grupo dos 50 alumno-as e 3 profesores-as participantes na saída a Ourense

Pois estamos xa de volta de Ourense. Tivemos un fermoso día, eso si con moita calor. Tal como esta previsto, dúas guías acompañáronnos pola cidade. Escomenzamos na Alameda, visitamos as Burgas, a maior parte do casco vello, a Catedral, a Praza Maior e de volta a Alameda. Por certo, neste percorrido coincidimos coa celebración por esa zona do Correlinguas.

Collemos o autobús e fomos ao Polígono Industrial de Pereiro, onde visitamos unha fábrica de téxtil (Lonia SA) que fabrica para Carolina Herrera e Purificación García. Por certo as instalación con moita tecnoloxía.

Á volta cara Ourense, recorremos algún dos barrios máis significativos da cidade e pasamos por tres das moitas pontes que hai sobre o río Miño. Despois de deixar ás guías na estación do ferrocarril, dirixímonos ás térmas de Outariz, nas aforas de Ourense, á beira do Miño. Alí comemos e disfrutamos desas augas quentes, da paisaxe e do descanso da paraxe.

En torno ás 5 da tarde comenzamos o regreso. Un bo día en todos os aspectos.

Penso que é xusto agradecer ao Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia esta posibilidade que nos deu coa organización desta actividade.

 

 

0 comentarios