MORRE MICHAEL JACKSON E NACE UN MITO
Morreu Michael Joseph Jackson, coñecido como Michael Jackson. Nacera en Gary-Indiana o 29-08-1958 e morreu o pasado 25 de xuño de 2009, nos Ánxeles, contando 50 anos. A súa morte, sumida en certo misterio, está en consonancia coa súa vida, que foi a dun rapaz grande que nunca quiso de deixar de ser rapaz. Unha vida dobre, a de cantante, xenial, e a privada, con luces e sombras, moitas veces caótica e monstruosa. Sexa como fose, a partir de agora nace O MITO.
Moitos son os seus traballos, pero o que amosa as dúas vidas que tiña é Triller de 1982, que foi o disco máis vendido da historia da música. Se o queres escoitar e ver o seu vídeo pincha en THRILLER
Descanse en paz!
0 comentarios